Ir o contido principal

⭐️🗝🔚O BELÉN DE BEGONTE PECHA AS SÚAS PORTAS

O BELÉN DE BEGONTE PECHA AS SÚAS PORTAS

⭐️🗝🔚O BELÉN DE BEGONTE PECHA AS SÚAS PORTAS

Mañá sábado día 25 de xaneiro, pecharase a XLVIII edición de “O Nadal en Begonte” co acto de clausura que terá lugar no Centro Sociocultural José Domínguez Guizán a partir das 17.00 h. coa seguinte programación:

Entrega de premios dos Certames culturais.

Clausura de actividades 2019/2020.

Actuación do cuarteto de saxofón da Agrupación das Escolas Municipais de Música de Begonte, Rábade e Outeiro de Rei, xestionadas pola Asociación Músico Crisanto.

Ó evento acudirán autoridades autonómicas, representantes do belén e do Concello de Begonte, así como todas aquelas persoas que desexen acudir á cita.