Ir o contido principal

Recollida de residuos sólidos (utensilios e mobiliario en xeral do fogar) o 22 de marzo.

Concello de Begonte

Recollida de residuos sólidos (utensilios e mobiliario en xeral do fogar) o 22 de marzo.

Esta Alcaldía comunícalle a tódolos veciños que o vindeiro 22  DE MARZO DE 2018, procederase á recollida de enseres domésticos nas parroquias de Baldomar, Carral, Uriz, Saavedra, Damil, Felmil, Trobo, Gaibor e Illán.

Considerándose como tales: utensilios e mobiliario xeral do fogar, como poden ser, entre outros, mobiliario xeral, electrodomésticos, xoguetes, aparellos musicais.

ADVíRTESE que pola empresa adxudicataria da realización deste servizo, non se  recollerán outros enseres que non estean incluídos nos catalogados como domésticos.

A recollida realizarase de forma domiciliaria.

Os interesados deberán chamar previamente ós teléfonos do Concello 982 396 143 ou 982 396 009.