Ir o contido principal

Volve o Belén de Begonte por Nadal

Belén de Begonte

Volve o Belén de Begonte por Nadal

O 2 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte e van 46 edicións, como tódolos anos, desde xa fai moito tempo Begonte situase no mapa de Galicia como lugar de visita obrigada nestas datas de nadal, para comprobar de primeira man o que dicen del, xa que non é un calquera, fixose maior e declarado Festa de interese turístico de Galicia dende 2014.

Sorprende a maiores e sobre todos os máis pequenos, son moitos os colexios que teñen programadas entre as actividades a realizar no ano o de visitar o Belén electrónico de Begonte, no so da provincia de Lugo, a maioría antes das vacacións de Nadal.

É un Belén que recrea a vida dunha vila Chairega de hai uns cantos anos, amosa oficios antigos e artesans típicos, nuns 15 minutos o Belén de Begonte representa distintas circunstancias meteorolóxicas (neve, choiva, trono,...), , ademais das accións típicas dun belén (podemos ver os reis magos movéndose dirección o portal de Belén…, e moito máis).

Para os que o desfrutamos tódolos anos sorprendenos o traballo (de varios meses) realizado por Carlos Torres, Ramiro Cruz, Jesús Veiga e Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Ródríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan, crean e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días). Cada ano e este non vais ser menos intentan incorporar pezas novas, difíciles de atopar senon coñeces ben o Belén, convírtese nun desafío encontralas.

Este ano inagurouse o 2 de decembro co pregon do xornalista e director de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro Durán quen expresou o seguinte:

"A primeira característica do belén de Begonte é que era electrónico, ofrecendo movemento nas figuras e efectos sonoros e de luz. A segunda, que é un belén popular, que reflicte unha aldea da Terra Chá de mediados do século XX. A terceira, que segue fiel ao espírito fundacional de José Domínguez Guizán", destacou o pregoeiro deste ano sobre un nacemento «galego, humilde e piadoso". "É o belén de Xudea sen deixar de ser galego, lucense e begontino", engadiu. (El Progreso)

Unha vez desfrutado do Belén visita o Museo José Rodríguez Varela (Museo do Belén) que se encontra nunha sala contigua o  Belén, pódense ver pezas e figuras retiradas de anos anteriores, maquetas realizadas por José Varela (casas tradicionais, monumentos emblemáticos) e as obras premiadas no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” de anos anteriores.

A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Dominguez Guizan, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil (consultar as bases (pdf).

Queres saber como chegar o Belén electrónico de Begonte  tica CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa localización)

Barrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)

Rutas sugeridas dende Lugo:

1. N-VI, 19,2 km        19 min

2. A-6, 25,6 km         23 min

Horarios de visita decembro 2017 a xaneiro 2018

Dende o 03-12-2017 ata o 22-12-17:

Festivos e fins de semana: 11h a 13h e de 15h a 19h

Laborais: solo visitas concertadas.

A partir do 23-12-17 ata o 06-01-18: 

Tódolos días:11h a 13h e 15h a 19h

Dende o 07-01-18 ata o 27-01-18:

Festivos e fins de semana:11h a 13h e de 15h a 19h

Grupos: avisar previamente ó teléfono 982 396 121