Skip to Content

Novas

  • 24 de Maio: Festividade da Virxe dos Milagros de Saavedra

    O día 24 de Maio celébrase a festividade da Virxe dos Milagros de Saavedra, se ben as celebracións durarán desde o 22 de Maio ata o 27 do mesmo mes. Terá lugar no Santuario da Virxe dos Milagros de Saavedra, no Concello de Begonte (Lugo).

    HORARIOS DE MISAS

    NOVENA Á VIRXE (do 14 ó 22 de maio)

    Rezo do Santo Rosario ás 20 horas da tarde e ás 20h 30 misa predicada polo Sr. D. Marcos Torres.

    20 DE MAIO DE 2012

    Misas ás 10h 30, 11h 30 e 12h 30 do mediodía e ás 20h 30 da tarde (NOVENA Á VIRXE).

    24 DE MAIO DE 2012 (día propio)

    Misas: Pola mañá desde 7 horas ata as 13 h 30 do mediodía e desde as 18 horas ata as 21 horas (ambas inclusive).

    25 DE MAIO DE 2012

    Misas: Pola mañá ás 10 h 30, 11h 30, 12h 30 e 13h 30

    Pola tarde : 20h 30

    27 DE MAIO DE 2012

    Misas pola mañá ás 10h 30, 11h 30 e 12h 30

  • Día das Letras Galegas

    A Concellería de Educación e Cultura do Concello de Begonte organiza os actos de celebración do Día das Letras Galegas 2012, adicado a Valentín Paz Andrade.Terán lugar o sábado 19 de maio na Casa de Cultura de Begonte.

  • Domingos de Baile-Café nas Parroquias

    Durante o mes de maio seguimos cos Domingos de Baile-Café nas Parroquias. Cada domingo, unha semana en cada parroquia, reunímonos para bailar, xogar ás cartas... nós poñemos a música e o café. Este mes, o 13 de maio vémonos na Rectoral O Castro, o 20 na Escola de Illán e o 27 na Escola de Bóveda, todos os días ás 17:30.

  • Escola de Golf

    ¿Queres aprender a xogar ao golf? Durante os meses de maio, xuño e xullo, os sábados pola tarde o Concello ofréceche a posibilidade de acceder a Escola de Golf do Hotel Balneario & Golf Guitiriz.

  • Programa "Benestar en Balnearios" 2012

    A Xunta de Galicia convoca as prazas para participar no PROGRAMA “ BENESTAR EN BALNEARIOS” 2012.

    CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR

    Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

    - Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.

    - Residir na Comunidade Autónoma de Galicia

    - Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa.

    - Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.

    - Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

    - Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61 €.

    O PRAZO PARA INSCRIBIRSE REMATA O DÍA : 11 DE MAIO DE 2012

  • Concurso do Día do Libro

    A Concellería de Educación e Cultura organiza o Concurso de Marcapáxinas, con premios para o marcapáxinas máis orixinal e creativo.Haberá dúas categorías, para os rapaces de educación infantil e de primaria, respectivamente. Se tes entre 3 e 12 anos participa, entrega o teu traballo no teu Centro Escolar ou no Concello. 

    Descargar bases en PDF.