Skip to Content

Novas

  • O “NOITEBÚS” incorpora unha nova línea que pasa por Begonte

    A Dirección Xeral de Transportes incorpora unha nova ruta dentro do Programa Noitebús que pasará polo noso concello, concretamente con paradas en Baamonde, Pacios e Begonte e con destino a Muimenta. Cuestión que consideramos de sumo interés para a xuventude deste concello pois ofréceselles a posibilidade de que non teñan que desprazarse nos seus propios coches cando saen de festa, facilitándolles un medio de transporte nocturno nun intento de loitar pola seguridade viaria e pola reducción da siniestralidade nas estradas.

    Esta nova línea estará en funcionamento os venres e vísperas de festivos co seguinte recorrido:
    Guitiriz-Baamonde-Pacios-Begonte-Rábade-Feira do Monte-O Santo-Muimenta
    E os seguintes horarios:
    Saída de Guitiriz: 23:00 hras.
    Saída de Muimenta: 05:00 hras.

    (Máis información Empresa Navia Bus, S.L., teléfono: 982.20 96 47)

    O custo do billete e de 2 euros e este importe dará dereito á utilización, se límite de veces, do servizo ao longo dunha mesma xornada.

  • Encontro da Terceira Idade en Lugo, polo San Froilán

    ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O ENCONTRO DA TERCEIRA IDADE QUE TERÁ LUGAR O 5 DE OUTUBRO NO PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO

    Dentro do programa “Lecer para os nosos maiores” que organiza a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, o vindeiro día 5 de outubro (día de San Froilán) terá lugar o segundo encontro previsto da provincia de Lugo.

    Esta xuntanza celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, coincidindo coa Feira Multisectorial e Mostra Gandeira e Agroalimentaria do San Froilán. Realizaranse visitas guiadas á Feira con distintas demostracións e degustacións.
    PROGRAMA DE ACTOS

    Ás 10:00 hras.: Chegada dos autocares.
    Ás 10:30 hras.: Actuación da Escola de gaitas e danzas do concello de Navia de Suarna e a Charanga de Vilalba.
    Ás 11:00 hras.: Visita á Mostra gandeira e agroalimentaria da Feira Multisectorial Expolugo.
    Ás 13:00 hras.: Sesión vermú amenizada pola Orquestra ALIANZA.
    Ás 13:30 hras.: Xantar de confraternidade.
    Ás 16:30 hras.: Gran Baile
    Ás 20:00 hras.: Remate dos actos.

  • Actividades para Xoves, Nenas e Nenos

    ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES PARA XÓVENES E NENAS/OS

    Dende o concello de Begonte estase a traballar nun novo programa de actividades nun intento de facilitar á mocidade begontina o achegamento a actividades que sexan do seu interese, ofrecendo alternativas de ocio aos begontinos/as.

    Nesta liña, ábrese o prazo de inscrición para a participación nas seguintes actividades:
    1. Para as/os xóvenes de 14 a 30 anos proponse a realización dunha actividade de turismo de aventura o vindeiro 22 de setembro: unha viaxe a Padrón para a realización dunha sesión de rafting (descenso no río Ulla en balsas neumáticas), comida e pola tarde paintball (xogo de estratexia na que os participantes, divididos en equipos, usan pistolas de aire comprimido para disparar pequenas bolas con pintura a outros xogadores que resultan eliminados se son alcanzados).
    2. Para as/os nenas/os de 5 a 13 anos realizarase unha viaxe ao Parque Natural de Marcelle (Outeiro de Rei) o 29 de setembro, onde se poderán acercar a distintos lugares do mundo a través das distintas especies animais que alí se atopan. Saírase pola mañá, comendo no mesmo Parque e voltando á tarde.

    Son dúas actividades gratuitas.

  • Xuntanza coa xuventude do Concello

    Por vez primeira, convócase a toda a xuventude para unha reunión na que os xóvenes poidan plantexar as súas inquedanzas e facer propostas de cara a un futuro de todos e para todos. Nesta reunión trataranse temas como excursións, clubes deportivos, actividades do concello..... Dita reunión terá lugar o día 13 de setembro ás nove e media da noite na Casa da Cultura de Begonte (antigo concello).