Dende a Concellería de Muller e Servizos Sociais estase a organizar unha excursión para o día 29 de maio ás Rías Baixas, visitando a cidade de Pontevedra, o Monasterio de Poio, o conxunto histórico-artístico de Combarro e a Illa da Toxa.
Coste da excursión
Empadronados maiores de idade: 10 €
Menores: 5 €
Non empadronados maiores de idade: 20 €
Menores: 10 €
Para máis información sobre esta actividade e para inscribirse poderán dirixirse ás oficinas municipais ata o vindeiro día 25 de maio, ou ben chamar por teléfono ao 982.396.143. Dado que as prazas son limitadas estas adxudicarnase por orde de inscrición.