Skip to Content

Novas

  • Encontro Internacional de Fútbol Sala

    O vindeiro 24 de marzo de  2010 ás 20:00 hras. no Pavillón Municipal de Guitiriz celebrarase un Encontro Internacional de Fútbol-sala entre a a Selección Nacional de Libia ( Campión de África ) e a Selección Galega.

    A entrada será gratuíta e disporán de autobuses para o desprazamento. Todos aqueles que desexen asistir deberán inscribirse nas oficinas municipais antes do 22 de marzo. Tlf.: 982.396143

  • Premios do III Concurso de debuxos e contos navideños

    O día 1 de marzo tivo lugar o fallo dos premios do III Concurso de Debuxos e Contos navideños convocado polo concello de Begonte, resultando ganadores os/as seguintes alumnos/as:

    1. Premios de debuxo

    A ) Categoría 3 – 6 anos
    -1º Premio: Lucía Gómez Varela, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte
    -2º Premio: Pablo Vázquez Guerrero, do CEIP de Baamonde
    -3º Premio: Alejandro e Daniel González Riva, do CEIP de Baamonde.

    B)    Categoría 7 – 10 anos
    - 1º Premio: Daniel Jove Díaz, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte
    - 2º Premio: Vanesa Isabel da Costa Pereira, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte
    - 3º Premio: Sergio Gayoso Díaz, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte 

    C) Categoría 11-14 anos
    - 1º Premio: Deya Orlinova Palova, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte
    - 2º Premio: Adrián Santos Franco, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte
    - 3º Premio: Abel Castro Castro, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte

  • Información Plan Nacional de Transición á TDT

    Dende a Secretaría de Estado de TelecomuTDTnicacións e para a Sociedade de Información, do Ministerio de Industria, Turismo e comercio vaise a poñer en marcha un programa de información sobre o Plan Nacional de Transición á TDT.

    Dentro deste programa o próximo venres, 19 de marzo, de 9:00 a 14:00 hras. e de 16:30 a 18:30 hras. estará colocado na Praza do Concello un punto de información móvil donde os veciños e veciñas poderán coñecer as vantaxes que representa a TDT, resolver dudas sobre este tema e coñece-lo seu funcionamento.

  • Partido preparatorio Selección Galega Infantil

    Dentro do programa de actividades deportivas que está organizando o Concello de Begonte para este próximo mércores, 10 de Marzo, ás 18:30, no Pavillón de Baamonde terá lugar un partido de fútbol-sala entre os equipos: cadete das Escolas Deportivas Municipais de Begonte e a Selección de Galicia Infantil. Partido preparatoria para o campionato de España de Seleccións Autonómicas.