Skip to Content

Novas

  • Entroido 2010 en Begonte

     

    O baile infantil do Entroido 2010 terá lugar o Sábado 13 de Febreiro as 16:00 no Pavillón Municipal de Baamonde.

    O baile para adultos será o Domingo 14 de Febreiro ás 19:00 no mesmo lugar, coa actuación do DÚO ADRIANEVA e a presentación da orquesta SON DE PACIOS.

    Descargar cartel do Entroido 2010

    Descargar nota informativa dos bailes

  • Obradoiro de Cine e Habilidades Sociais

    Mes Coups de CinemaO Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade invítate a participar no “Obradoiro de cine e habilidades sociais a partir de 3º de ESO” e “Obradoiro de cine e habilidades sociais para 1º e 2º de ESO”.

    A televisión, o cine, os medios de comunicación convertéronse nos últimos anos en potenciais socializadores das novas xeracións; neste tempo os rapaces non só son educados polas súas familias e pola escola, senón que o tempo que consumen vendo series e programas televisivos inflúe definitivamente na formación da súa personalidade. Esta iniciativa pretende utilizar o cine como recurso pedagóxico para a formación dos rapaces e rapazas incidindo na adquisición de valores, actitudes e coñecementos positivos a partir dos intereses e motivacións da mocidade ó redor do cine, logrando que os usuarios, como protagonistas da acción educativa, constrúan actitudes e integren valores democráticos e positivos mediante a reflexión crítica e o debate, cuestionando aqueles valores negativos promocionados dende a sociedade que nos toca vivir: presentismo,
    egoísmo, culto ó efímero, competitividade, consumismo, induvidualismo...

  • III Concurso de Debuxos e Contos Navideños Concello de Begonte

    O concello de Begonte convoca o III Concurso Infantil de Debuxos e Contos Navideños co obxecto de elexir aqueles debuxos e contos cuxo tema esté relacionado co Nadal ou que sexa representativo das datas navideñas.

    A continuacion detállanse as bases polas que se regula o concurso

    BASES

    1. PARTICIPANTES
    Poderá participar calquera neno/a interesado/a dos seguintes niveis educativos:
    - educación infantil
    - educación primaria
    - ensinanza secundaria obrigatoria

    2. REQUISITOS
    Debuxo Navideño. Cada concursante presentará un único traballo con técnica libre, en formato DIN-A4, sobre fóleo ou cartulina, e admitiranse tódalas técnicas gráficas (lápiz, ceras, témperas, acuarelas, rotuladores, etc.).

    Conto Navideño. Cada concursante presentará un único traballo cunha extensión máxima de 3 folios por unha cara e mínima de 1 folio.
    O/A participante indicará no reverso do traballo o nome e edad do/a autor/a, o curso e o centro ao que pertence.
    Deberán ser obras orixinais e non haber sido presentadas a ningún outro concurso con anterioridade.

  • Aprazada a Festa da Xuventude

    Por motivos alleos á súa vontade, o Concello de Begonte vén de aprazar a Festa da Xuventude. A nova data de celebración aínda non foi confirmada.