Skip to Content

Novas

  • Escolle Ben ¡A Concurso!

    Escolle BenFai uns días o Servizo de Prevención de Drogodependencias dos concellos de Begonte, Ouetiro de Rei e Rábade, presentou a curtametraxe “Escolle ben” realizada por rapaces e rapazas que conseguiron facer realidade este proxecto grazas á constancia e dedicación do seu traballo. A curtametraxe participa no concurso “Curtas na Rede” e necesita o teu apoio, así que se tes un minutiño visita esta dirección web, busca a curtametraxe e, se che gusta, ¡¡dalle o teu apoio!!:
    http://www.curtasnarede.es/
    A dirección para visionar a curtametraxe é a que segue:
    http://www.curtasnarede.es/vercurta.php?flv=curtasnaredeEscolle-benXiris...
    Para votar deberás seguir estes pasos:

  • Concurso "O Segredo da Boa Vida"

    O Segredo da Boa VidaO Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade presenta o concurso escolar “O segredo da boa vida”, especialmente dirixido ó alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

    Esta iniciativa proposta dende Plan Nacional sobre Drogas, xestionada pola Asociación Deporte e Vida e distribuída polo Servizo de Prevención, pretende conformarse como un instrumento lúdico e educativo que consiga abordar temáticas de promoción de saúde en xeral e a prevención de drogodependencias en particular mediante o material do que consta o programa:

    •Axendas escolares. Conteñen mensaxes e xogos relacionados coa prevención de drogodependencias e a educación para a saúde. As axendas inclúen actividades sobre o alcohol, a asertividade, a resistencia á presión, o tabaco, a toma de decisións, a influencia do grupo como modelos, etc...

  • Visita a Termatalia (Ourense)

    O Concello de Begonte organiza para o día 18 de Outubro unha viaxe a Ourense para visitar Termatalia (Feria Internacional do Turismo Termal), dirixido ás persoas menores de 65 anos. O prazo de inscrición rematará o 14 de Outubro, o custe é de 10€.

  • Charla informativa sobre a Gripe A

    O Concello de Begonte organiza o día 17 de Outubro ás 12 horas da mañá unha charla informativa sobre a pandemia da Gripe A, que impartirá o Doutor Isidro López, médico do centro de saúde de Begonte. O lugar de celebración será a Casa de Cultura de Begonte.