Skip to Content

Novas

  • II Curso de Alfabetización Básica para Persoas Adultas

    Curso de AlfabetizaciónO Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade en colaboración coas Traballadoras Sociais dos mesmos concellos presenta o II Curso de Alfabetización Básica para Persoas Adultas, destinado a todas aquelas persoas que desexen recibir unha formación básica adecuada ás súas necesidades, permitíndolles así potenciar o desenvolvemento das súas habilidades para a vida diaria. O II Curso de Alfabetización Básica para Persoas Adultas comezará o próximo 1 de outubro no Centro Social de Rábade en horario de 11:00 a 12:30 horas da mañá, prolongándose ata xaneiro de 2010. Para participar neste curso gratuíto, será preciso dirixir á solicitude de inscrición (nome, apelidos, data de nacemento, D.N.I, teléfono e dirección habitual) ás Traballadoras Sociais ou ó Servizo de Prevención de Drogodependencias de cada un dos concellos promotores da iniciativa.

  • Proxección da curta “Escolle ben” o 25/09 no Centro Social de Rábade

    Escolle BenO Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, convídate á proxección da curtametraxe “Escolle ben” o próximo venres 25 de setembro ás 21:00 horas no Centro Social de Rábade. A curtametraxe foi realizada polos alumnos e alumnas do “I Curso de creación de curtametraxes” impartido pola empresa Sin Productions, sendo eles mesmos os encargados da dirección (Andrea Grandío), axudantes de dirección (I. María Fontao e Helena Traveso), cámara (J. Daniel Iglesias), son (Catuxa González), realización (Manuel Suárez) e interpretación: actores (Aitor Becerra e Iván Puente) e actriz (Patricia Iglesias).

  • O circuito teatral Buxiganga pasa polo Concello de Begonte

    Dentro do circuito teatral Buxiganga, organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, teremos a oportunidade de desfrutar de varias obras de teatro no Concello: Buxiganga

    Buxiganga- O sábado 17 de Setembro ás 18:00, a agrupación "Biblioteca Antas" representará "Hostia". - O sábado 05 de Decembro ás 19:00, "Raiolas" traerá á nosa vila a obra "Un mal día". - E finalmente, o sábado 19 de Decembro ás 18:00, poderemos asistir a "Pinto Pinto Gorgorinto", do grupo "Achádego".

  • Actividades Xuvenís en Outono

    O Concello de Begonte organiza as seguintes actividades para a xuventude do Concello nos meses de Outono: - Excursión multiaventura á Ribeira Sacra o sábado 26 de Setembro. - Festa da Xuventude o sábado 17 de Outubro. Inclúe paintball, cea e disco show. Descargar aquí o cartel en PDF Actividades Xuvenís en Outono