Skip to Content

Novas

  • Domingos de Baile-Café nas Parroquias

    A Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Begonte pon en marcha ois Domingos de Baile-Café nas Parroquias. Cada domingo, unha semana en cada parroquia, se queredes bailar, xogar ás cartas... nos poñemos a música e o café. Vós, só tedes que vir. 

    Comezamos o 22 de Abril ás 17:30 na Escola de Donalbai e seguimos o día 29 á mesma hora na Escola de Feimil (para o mes de maio, consultade no Concello). É unha actividade gratuita e aberta a todos aqueles que queiran participar. 

  • Apertura de Inscrición para "Compostaxe Doméstica"

    O Concello de Begonte informa da apertura da inscrición para súmarse á compostaxe doméstica dendo o día 18 abril de 2012.

    As prácticas de compostaxe doméstica esténdense rápidamente pola provincia de Lugo e xa son moitos os municpios que puideron constatar os seus beneficios ambientais e económicos.

    Agora tócalle ao Concello de Begonte que co apoio de Sogama, instaura o programa en 50 viviendas, procedendo ao reparto doutros tantos composteiros de 360 litros de capacidade entre as familias voluntarias que realicen a súa solicitude nas oficinas municipais, concedendose por orde de inscrición.

    O obxéctivo é que estas fabriquen o seu propio abono a partir da materia orgánica xerada nos fogares, sendo posteriormente aplicado, con todas as garantías, nas súas hortas e xardíns.

    As vivendas incorporadas ao proxecto contarán co asesoramento dos chamados “mestres composteiros”, persoal do concello que, tras recibir un curso intensivo de formación, visitarán casa por casa para comprobar o traballo realizado , dando resposta ás consultas que poidan presentar os usuarios.

  • Presentación do Programa "Compostaxe Doméstica"

    O Concello de Begonte invita a tódolos veciños o próximo martes día 17 de abril as 11h30 no Salón de Actos da Casa da Cultura de Begonte o acto de presentación do programa de COMPOSTAXE DOMÉSTICO que contara ca presencia de Luis Lamas Novo Presidente de SOGAMA.

  • ITV para Vehículos Agrícolas

    O Concello de Begonte informa que o próximo mes de maio o día 31, e os días 1, 4 e 5 de xuño desprazarase a este Concello unha unidade móbil da ITV para realizar as inspeccións técnicas a VEHÍCULOS AGRÍCOLAS.

    O día 1 de xuño en horario de 09:00 a 13:30. E os días 31 de maio e 4 e 5 de xuño de 09:00 a 13:30 e de 15:30 a 18:00.

    Será no Polígono Industrial de Begonte. Asignarase día e hora de atención ó público directamente na unidade móvil desde o primeiro día de chegada ou chamando ó teléfono 881 920 979.

  • Curso de Pala

    Desde o Concello estáse a promover a realización dun curso de Pala, dirixido a todo aquel que teña interese en realizalo. A duración será de 50 horas, 10 delas presenciales (8 horas será de prácticas, a realizar un venres pola noite e un sábado).

    O importe do curso é de 180 €.

    Todos os interesados en asistir a este curso poden preinscribirse ata o día 23 de marzo nas oficinas municipais ou chamando ó número de teléfono 982 396 143 (preguntar por AEDL).

  • Curso CAP continuo para condutores de mercadorías e viaxeiros

    Desde o Concello estase a promover a realización dun curso de CAP continuo para condutores de mercadorías e viaxeiros. É un curso obrigatorio para todos os condutores segundo o R.D. 1032/07 con permisos anteriores ó 11/09/2008 de Clase D, D1, D1+E, D+E, ou anteriores ó 11/09/2009 de clase C ou C1.

    A duración é de 35 horas (de luns a venres 3 horas ou sábado e domingos todo o día). O custe por persoa, se hai 20 inscritos, será de 250 € (custe no centro de formación 210 €).

    Todos os interesados en asistir a este curso poden preinscribirse ata o día 23 de marzo nas oficinas municipais ou chamando ó número de teléfono 982 396 143 (preguntar por AEDL).