Skip to Content

Novas

  • Aberto o prazo de inscrición nas actividades programadas para o segundo trimestre 2011/2012

    A Delegación de Educación, Cultura e Deporte do Concello presenta a programación de actividades do segundo trimestre do período 2011-2012.

    Máis información no folleto en PDF.

  • Novo servizo de notificacións mediante SMS

    O Concello de Begonte quere poñer en marcha un novo medio de transmitir a información do concello aos veciños e veciñas de forma personalizada, gratuita, áxil e segura a través do teléfono móbil (mensaxes SMS).

    Podedes descargar aquí o formulario de alta. Así, cada veciño/a poderá recibir información sobre:

    • Actividades de xuventude
    • Actividades culturais
    • Actividades deportivas
    • Actividades servizos sociais
    • Actividades servizos sociais
    • Actividades de sanidade e consumo.
    • Actividades de educación.
    • Concertos
    • Teatro
    • Conferencias
    • Emprego
    • Cursos
    • Censo electoral
    • Cobro de impostos
    • Averías.
  • Festa do Antroido 2012

    O día 21 de febreiro, no Pavillón de Deportes de Baamonde, celebraremos a festa do Antroido. Desfruta connosco de todas as actividades.

    As 14:00 haberá un xantar (cocido + bebida + café + chupito + postre por 15 € os adultos e 5 € os nenos). Despois de comer, baile, campionato de tute e desfile de disfraces. Ademáis, haberá música, xogos, inchables e merenda para os máis pequenos.

  • Relación premiados V Concurso de debuxos e contos navideños Concello de Begonte

    Premios de debuxo:

    A ) Categoría 3 – 6 anos:

    -       1º Premio: Silvia Silvosa Regueiro, do CEIP de Baamonde

    -       2º Premio: Sabela Seijo Lage, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte

    -       3º Premio: Érika González Sola, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte

    B)     Categoría 7 – 10 anos:

    -    1º Premio: Lucía Rey Calvo, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte

    -    2º Premio: Laura Pérez Piñeiro, do CEIP “Virxe do Corpiño” de Begonte

             -    3º Premio: Cristina Ramil Díaz, do CEIP de Baamonde                                                       C) Categoría 11 - 14 anos:

    -         1º Premio: María Ramil Díaz, do IES “Río Miño” de Rábade

  • Clausura da XL campaña de O NADAL en Begonte

     

    O pasado sábado, pechouse en Begonte a XL campaña de O NADAL, organizada polo centro cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén Electrónico begontino.

    O punto máis relevante desta campaña é a apertura do Belén Electrónico de Begonte que cada Nadal, desde 1972, consegue que arredor de 40.000 persoas acudan a Begonte para contemplar esta fermosura electrónica onde se reflicten escenas da vida tradicional da Chaira, os traballos do campo, o paso dos Reis Magos, os elementos climatolóxicos... todo co fin de facer cada ano realidade o nome que se lle ven dando a este concello, onde en lugar de falar do "Belén de Begonte" xa se fala de "Begonte do Belén".

     

    Inauguración

    A inauguración, co pregón do Presidente da Xunta de Galicia, leido pola Delegada territorial da Xunta en Lugo, na que delegou este cometido por compromisos do seu cargo, abría esta XL edición como vinte anos antes a abría o que pronunciaba o entón Presidente de Galicia, Manuel Fraga Iribarne. Con este motivo, ofreceu un recital de cancións do Nadal o Orfeón Lucense, coro titular da Catedral de Lugo, dirixido polo seu titular adxunto, Marcos Fernández Mosquera.

  • Axudas para Escolarización no curso 2011-2012

    Axudas para a Escolarización 2011-2012.

    Descargar bases en PDF.

    Descargar formulario de solicitude en PDF.