Ir o contido principal

Saúdo do Alcalde

Saludo del Alcalde

 

Como Alcalde do Concello de Begonte quero darche a benvida a este portal web que desexamos ir construíndo día a día coa colaboración, non só dos habitantes deste municipio, senón tamén de todas as persoas que nos visitan cada día a través desta páxina, que acabamos de renovar e adaptar ás novas tecnoloxías.

Non queremos deixar pasar a oportunidade que nos ofrece Internet de amosarnos ao mundo, de aproveitar as súas posibilidades como valioso instrumento de aproximación ao cidadán coa fin de cumplir un dobre obxectivo:

- Amosar Begonte a quen desexe coñecernos mellor. Para todos aqueles que queirades visitarnos, sexa por motivos de lecer ou traballo, dicirvos que nos atopamos nunha terra privilexiada, tanto pola súa situación xeográfica como pola súa riqueza natural, cultural e gastronómica, onde se dan todas as condicións para que este sexa un lugar ideal para vivir, para medrar, para traballar.

- Mellorar a eficacia dos servizos municipais proporcionando información sobre os recursos e servizos que se prestan desde o Concello e tamén recibir dos nosos veciños e veciñas aquelas ideas, propostas e suxestións que poidan axudarnos a mellorar os nosos programas de actuación.

No nome do Concello de Begonte, agradezo a túa visita que agardo atopes proveitosa e amena.

Un cordial saúdo

José Ulla