Servizo Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL Begonte)
Funcións do AEDL, entre as que destacan:
- Comunicación, información e asesoramento ás empresas, ós emprendedores e ós demandantes de emprego.
- Axuda á inserción laboral dos desempregados.
- Facilitar información sobre axudas.
- Colaboración e apoio co Servizo Público de Emprego en relación a programas de orientación e información profesional, captación de ofertas.
- Fomento da cultura emprendedora e do espíritu emprendedor.
- Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, no ámbito local.
- Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais.
- Apoio a promotores e promotoras de empresas.
- Colaboración coas Oficinas de Emprego de Lugo e co resto de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, fundamentalmente da comarca da Terra Cha.
- Os demandantes de emprego poden consultar no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Programa de acompañemento á Dixitalización. Desde a Deputación de Lugo xunto coa Escola de Organización Industrial (EOI), lánzase este Programa de acompañamento á dixitalización das Pemes e autónomos da provincia de Lugo, respondendo así á necesidade que teñen todas as empresas de manterse actualizadas no mundo dixital, accedendo a esta ligazón poderás reservar praza non programa que máis se axuste as túas necesidades.
Oferta de emprego:
04/05/2021 Surexport C.A, S.L busca Péon/a agrícola en Lugo
Descrición do posto de traballo: : Recolección de froitos vermellos de campaña.
Nº de vacantes: 600
Período de actividade: a partir do 15 de xuño 2022 ata setembro.
Para maís información e inscribirse na oferta, acceder no enlace seguinte:
Ofertas de empleo público do Concello de Begonte:
08/08/2022 Convocatoria para a selección urxente en réxime laboral temporal de 1 condutor de camión no Concello de Begonte.
- 11/08/2022 Anuncio do resultado final do proceso de selección (pdf).
- 10/08/2022 Nomeamento Tribunal Selección urxente condutor camión, día e lugar.
- Bases da convocatoria (pdf).
22/06/2022 Convocatoria para a contratación con carácter temporal, en réxime de dereito laboral temporal e a xornada completa, dos seguintes postos de traballo para a constitución no municipio de Unha Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios forestais para este ano 2022, compostas de cinco membros: 1 Xefe de Brigada (Capataz Forestal), 3 Peóns de Brigada e 1 Peón-Condutor con carné B.
Prazo de presentación: 5 días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación no BOP Lugo.
- 13/07/2022 Acta tribunal resultado selección Brigada prev. incendios 2022.
- 11/07/2022 Lista definitiva de admitidos e excluídos, tribunal e data da selección.
- 06/07/2022 Relación provisional de admitidos e excluídos.
- Anuncio da convocatoria (pdf).
- Bases da convocatoria (pdf).
- Anexo I SOLICITUDE (pdf).
Nota aclaratoria:
Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo a través do trámite destacado - Selección Brigada Prevención e defensa Incendios forestais, tendo en conta que si a documentación que se debe acompañar ten que ser compulsada, terase que aportar os orixinais o día da selección para compulsala (autenticala) nas oficinas municipais antes da selección. A non presentación dos orixinais para a súa autenticación suporá a exclusión do solicitante.
No expón poñerase a seguinte lenda “Selección Brigada Prevención e Defensa contra Incendios Forestais 2022” e no solicita poñer o posto no que se inscribe.
31/05/2022 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 5 peóns en situación ou risco de exclusión social perceptores de RISGA no Concello de Begonte.
- 14/06/2022 Anuncio do resultado final do proceso de selección (pdf).
- 10/06/2022 Nomeamento Tribunal Selección RISGA2022, día e lugar (pdf).
- Bases da convocatoria (pdf).
13/05/2022 Convocatoria para a contratación con carácter temporal a xornada completa de 1 Peón forestal, Programa Aprol Rural 2022 do Concello de Begonte.
- 27/05/2022 Anuncio do resultado final do proceso de selección (pdf).
- 24/05/2022 Nomeamento Tribunal Selección Aprol Rural2022, día e lugar (pdf).
- Bases da convocatoria (pdf).
12/05/2022 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 6 Peóns obra pública, no Concello de Begonte, PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2022 (Financiado pola Deputación Provincial de Lugo).
Prazo de presentación: 5 días naturais por razón de urxencia, a contar dende a publicación da convocatoria no BOP Lugo.
- 20/05/2022 Anuncio do resultado final do proceso de selección (pdf).
- 19/05/2022 Resolución definitiva admitidos e Tribunal, día e lugar da selección.(pdf).
- Anuncio da convocatoria no BOP Lugo.
- Bases da convocatoria (pdf).
- Anexo I solicitude (pdf).
06/04/2022 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 1 Auxiliar administrativo, no Concello de Begonte, PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2021(Financiado pola Deputación Provincial de Lugo).
- 25/04/2022 Anuncio do resultado final do proceso de selección (pdf).
- 19/04/2022 Resolución tribunal, día e lugar da selección.
- Bases da convocatoria (pdf).
09/03/2022 Convocatoria pública para a selección de persoal laboral temporal de 1 Monitor deportivo, no Concello de Begonte,
- 22/03/2022 Anuncio do resultado final do proceso de selección (pdf).
- 22/03/2022 Resultado da proba escrita (pdf).
- 18/03/2022 Resolución admitidos e Tribunal, día e lugar da selección (pdf).
- Anuncio convocatoria Monitor Deportivo (pdf).
- Bases da convocatoria (pdf).
- Anexo II solicitude (pdf).
Prazo de presentación: 5 días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación no BOP Lugo.
Nota aclaratoria:
Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo no trámite destacado - Selección de persoal, activo dende o día que se pode presentar a solicitude, tendo en conta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón se envía así, terase que aportar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.
Na casilla expón, poñerase a seguinte lenda “Selección en réxime laboral temporal dun posto de monitor deportivo".
03/02/2022 Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal no Concello de Begonte, de 1 posto de PEÓN TRACTORISTA a encadrar dentro da Brigada Municipal de Obras e Servizos:
- 17/02/2022 Anuncio do resultado final do proceso de selección (pdf).
- 15/02/2022 Resolución admitidos e Tribunal, día e lugar da selección (pdf).
- Anuncio da convocatoria (pdf).
- Bases da convocatoria (pdf).
- Modelo de instancia (pdf).
Prazo de presentación: 5 días hábiles a contar dende a publicación no BOP Lugo.
Nota aclaratoria:
Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo (trámite destacado - Selección de persoal), tendo en conta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón se envía así, terase que aportar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.
Na casilla expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un posto de Peón tractorista 2022".
21/09/2021 Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para prestar servizos como funcionario interino na categoría de administrativo/a do Concello de Begonte, encadrados na Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa, Grupo C, subgrupo C1, polo procedemento de oposición libre.
- 22/07/2022 ACTA definitiva tras 2ª exercicio.
- 19/07/2022 Acta provisional 2º exercicio.
- 13/07/2022 Acta definitiva 1º exercicio reclamación preguntas.
- 06/07/2022 Acta definitiva 1ºexercicio.
- 04/07/2022 Anuncio da suspensión da realización da 2º proba (pdf).
- 28/06/2022 - Acta de consititución do Tribunal, acordos para o desenvolvemento do proceso, realización da primeira proba e resultados (pdf)
- 06/06/2022 Resolución definitiva admitidos e excluídos, tribunal, día e lugar da selección. (pdf).
- 27/10/2021 Resolución Provisional admitidos e excluídos proceso Bolsa emprego. (pdf).
- Anuncio e bases da convocatoria (pdf).
- Anexo II Modelo solicitude (pdf).
Prazo de presentación: 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Nota aclaratoria:
Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo (trámite destacado - Instancia xeral), no apartado Expón poñerase a seguinte lenda “Bolsa de emprego funcionario interino da escala de administración xeral-subescala administrativa".
Si se utiliza a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo e a documentación non se envía autenticada, deberase aportar os orixinais na data límite de presentación de solicitudes, para autenticala nas oficinas do Concello.
13/09/2021 Convocatoria para a selección como funcionario interino dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral vacante no cadro de persoal, polo procedemento de oposición libre.
- 18/12/2021 Anuncio do nomeamento enviado o BOP Lugo. (pdf)
- 02/12/2021 Acta definitiva da segunda proba. (pdf)
- 26/11/2021 Exercicios resoltos word e excel da segunda proba.
- 25/11/2021 Acta provisional segunda proba e resultados. (pdf)
- 22/11/2021 Acta instrucións segunda proba. (pdf)
- 19/11/2021 Acta definitiva 1º exercicio. (pdf)
- 11/11/2021 Acta de constitución, acordos e resultado do primeiro exercicio. (pdf).
- 06/11/2021 Resolución definitiva admitidos e excluídos e Tribuna Aux. admvo. interino, lugar e día. (pdf)
- 07/10/2021 Resolución Provisional admitidos e excluídos proceso Aux. Advo. Interino (pdf).
- Anuncio e bases da convocatoria (pdf).
- Anexo II Modelo solicitude (pdf).
Prazo de presentación: 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Nota aclaratoria:
Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo (trámite destacado - Instancia xeral), no apartado Expón poñerase a seguinte lenda “Selección 1 Auxiliar administrativo de administración xeral".