Ir o contido principal

Begonte

Polígonos Industriais

O Concello de Begonte ten un total de 2.661.605 m2 de solo industrial. De tódolos xeitos, esta cifra ampliarase no futuro ata os 5.000.000 m2, xa que a situación e as condicións para urbanizar vano permitir.

Vivir e Traballar

A medio camiño entre Lugo e Vilalba, moi preto das dúas cidades, perfectamente comunicado con elas e con todo o resto da comarca e de Galicia, Begonte é o lugar perfecto para vivir e para traballar.

Empresas

Segundo o I.A.E. de 2002, había no Concello de Begonte un total de 72 empresas do sector secundario (30 industrias e 42 do sector da construción) e 103 no terciario (15 profesionais e 88 empresas de servizos).

Un Lugar a Descubrir

No centro-norte de Galicia, ao Oeste da provincia de Lugo… Begonte: 125 qm. cadrados con case 4.000 habitantes, dentro da planicie denominada "A Terra Chá", lugar privilexiado en comunicacións.

Vivendas e Equipamento

O Concello ten un total de 1.957 vivendas. Delas, 1.250 principais (habitadas a maior parte do ano como primeira residencia), 333 secundarias (habitadas intermitentemente) e 374 deshabitadas.

O Territorio

O clima da comarca de Begonte é "subcontinental húmido dentro do macroclima oceánico de Galicia". Pódese xulgar de tépedo medio, con invernos moderados e veráns sen rigores.

Teléfonos de Interese

Ofrecémosche un directorio cos números de teléfono do Concello e doutras dependencias municipais, ademais de lugares onde durmir e comer en todo o territorio municipal.

Poboación

Segundo o censo de 2011, a poboación do concello de Begonte é de 3.370 habitantes, dos que 1.684 son homes e 1.695 mulleres (a comezos do século XX, era de ao redor de 6.500 persoas).

Parroquias

Baamonde / Baldomar / Begonte / Bóveda / Carral / Castro / Cerdeiras / Damil / Donalbai / Felmil / Gaibor / Illán / Pacios / Saavedra / Santalla de Pena / San Vicente de Pena / Trobo / Uriz / Virís

Localización

Begonte, na Terra Chá. Situado na comarca natural máis ampla e máis plana de Galicia, o Concello de Begonte está situado no occidente da Provincia de Lugo. Ten unha extensión de 125,4 km2.

Historia

O Concello de Begonte nace en 1842, sendo o seu primeiro alcalde don Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade independizouse como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.

Comunicacións

O Concello de Begonte ten unha lonxitude de estradas superior aos 210 quilómetros, dos que máis de 120 forman a rede municipal de pequenas estradas, baseada en antigos camiños.