Ir o contido principal

π…πŽπ‹πˆπƒπ€πƒπ€ 𝐃𝐄 ππ‘πˆπŒπ€π•π„π‘π€: πŽπ’ πŒπ€πˆπŽπ’

foliada

π…πŽπ‹πˆπƒπ€πƒπ€ 𝐃𝐄 ππ‘πˆπŒπ€π•π„π‘π€: πŽπ’ πŒπ€πˆπŽπ’

MaΓ±Γ‘ sΓ‘bado πŸ—“ 31 de maio, no πŸ“ local do pobo da AsociaciΓ³n VeciΓ±al do Castro, en Begonte e a partir das ⏰ seis e media da tarde darΓ‘ comezo o maio organizado pola AsociaciΓ³n Cultural CastiΓ±eiro Milenario 🌳.

A actividade comezarΓ‘ cun paseo πŸ‘£ para apaΓ±ar flores 🌼, fentos e xestas para facer un maio bonito e xeitoso. Dirixidos por πŸ‘© Branca Villares, farase un maio e cantaranse πŸ—£ unhas pezas Γ³ redor del. Nenos πŸ‘Ά, nenas πŸ‘§ e maiores πŸ‘΅ todos xuntos para conseguir botar fΓ³ra o inverno ❄️ desta primavera.

Despois haberΓ‘ uns petiscos πŸ§€ para empezar unha nova ediciΓ³n da 𝐅𝐨π₯𝐒𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐒𝐦𝐚𝐯𝐞𝐫𝐚. A partir das ⏰ nove e media, comezarΓ‘ a festa coa foliada que contarΓ‘ coa presenza dos grupos Foliadeir@s do Castro e Treitoira, e despois, foliada aberta ata que o corpo aguante. Podes levar o teu instrumento πŸ₯ e anΓ­marte a facer a festa da primavera de Begonte.