Servizo Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL Begonte)
Funcións do AEDL, entre as que destacan:
- Comunicación, información e asesoramento ás empresas, ós emprendedores e ós demandantes de emprego.
- Axuda á inserción laboral dos desempregados.
- Facilitar información sobre axudas.
- Colaboración e apoio co Servizo Público de Emprego en relación a programas de orientación e información profesional, captación de ofertas.
- Fomento da cultura emprendedora e do espíritu emprendedor.
- Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, no ámbito local.
- Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais.
- Apoio a promotores e promotoras de empresas.
- Colaboración coas Oficinas de Emprego de Lugo e co resto de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, fundamentalmente da comarca da Terra Cha.
Cursos incluidos na programación AFD 25/26 que ten previsto impartir ao longo dos vindeiros meses ol Centro de Formación Academia Fernández (Afer Formación) de Rábade:
- SSCS0208 – ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (Nivel 2) – Para acceder requírese como mínimo o título de ESO ou Competencias Clave de N2 ou ter un certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Previsto inicio en outubro e remate en marzo con prácticas incluidas nas empresas. En horario de 9:00 a 14:00.
- ADGG0508 – ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS NA RELACIÓN CO CLIENTE ( Nivel 2) - Para acceder requírese como mínimo o título de ESO ou Competencias Clave deN2 ou ter un certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Previsto inicio en outubro e remate en xuño con prácticas incluidas nas empresas. En horario de 9:00 a 14:00.
- SSCE0110 – DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO (Nivel 3) – Requírese titulación de bacharelado ou ciclo de grao medio de FP ou ter un certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional. Previsto iniciar en outubro e rematar en febreiro con prácticas incluidas nas empresas. En horario de 15:00 a 20:00.
Son cursos que permiten obter certificados de profesionalidade acreditados pola administración, totalmente gratuítos para o alumnado e con posibilidade de acceder a bolsas e axudas durante a súa realización.
Máis información en AFER formación, se tes dúbidas contactar:
- TLFNO. : 982 390 128 / 604.02.76.83
- CORREO ELECTRÓNICO: info@aferformación.es
- Os demandantes de emprego poden consultar no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Programa de acompañemento á Dixitalización. Desde a Deputación de Lugo xunto coa Escola de Organización Industrial (EOI), lánzase este Programa de acompañamento á dixitalización das Pemes e autónomos da provincia de Lugo, respondendo así á necesidade que teñen todas as empresas de manterse actualizadas no mundo dixital, accedendo a esta ligazón poderás reservar praza non programa que máis se axuste as túas necesidades.
Ofertas de emprego:
23/07/2025 Gi Group Spain están buscando Operarios de Producción en línea para unha fábrica de lácteos na zona de Vilalba e alrededores:
Requisitos:
- Zona de Villalba ou alrededores
- Coche
- Experiencia como operario de producción o similares
Lo que ofrecemos:
- Contrato indefinido fijo-discontinuo
- Xornada completa
- Salario competitivo
16/07/2025 FARCINOX, S.A. especialistas no diseño e fabricación de cisternas e contedores de acero inoxidable para a industria química e alimentaria, abrirán unha delegación en Begonte, buscan persoal para:
07/07/2025 Grupo Eulen empresa que xestiona unha oferta vacante cerca de Begonte:
Para inscribirse e máis información preme na oferta.
|
13/06/2025 Eurofirms empresa que xestiona servizos de contratación para empresas, enviounos as seguintes ofertas de emprego para Begonte e alrededores:
- Oferta de Empleo de Auxiliar administrativo/a - 04/06/2025
- Oferta de Empleo de Carretillero/a - 04/06/2025
- Oferta de Empleo de Repartidor /a con carnet C - 28/05/2025
- Oferta de Empleo de Operarios/as de producción - 20/05/2025
- Oferta de Empleo de Recolector/a Agrícola - 15/05/2025
03/02/2025 Persoal para a Escola Infantil Municipal de Begonte.
Rematada a obra da Escola Infantil Municipal de Begonte e en proceso de tramitación para a apertura, e de adxudicación da contratación do Servizo de Xestión da mesma, infórmase da posibilidade de enviar currículos ao Concello de Begonte a dirección aedl@concellodebegonte.es, os postos vacantes, axustaranse ao ratio de persoal necesario para a cobertura do servizo segundo o número de nenos/as no servizo (si se cubren tódalas prazas sería ratio 4).
No asunto do correo, especificar o posto o que presenta candidatura á Escola Infantil Municipal de Begonte.
O persoal dedicado a funcións educativas e de atención directa aos/ás nenos/as deberá estar en posesión das seguintes titulacións:
Persoal de atención:
- Licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía.
- Mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente
- Técnico superior en educación infantil ou equivalente
Persoal de apoio que ademais das titulacións anteriores poderá estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Técnico en atención sociosanitaria
- Técnico superior en animación sociocultural
- Técnico en coidados auxiliares de enfermaría
- Diplomado/a en puericultura recoñecido pola consellería de sanidade
- Ou aqueloutras recoñecidas como apropiadas polo órgano competente na autorización do centro.
Unha vez adxudicada a xestión de Escola Infantil Municipal de Begonte a empresa que prestará o servizo, os currículos recibidos, trasladaráselles para que realizen eles a selección.
Ofertas de emprego público do Concello de Begonte:
19/06/2025 Convocatoria para a contratación con carácter temporal a xornada completa de 2 PeónS forestais, Programa Aprol Rural 2025 do Concello de Begonte.
- 24/06/2025 Anuncio Resultado seleccion 2 P. Forestal APROL RURAL25.
- 23/06/2025 Nomeamento Tribunal Selección data e lugar Aprol Rural2025.
- Bases da convocatoria.
10/06/2025 Convocatoria para a contratación con carácter temporal, en réxime de dereito laboral temporal e a xornada completa, dos seguintes postos de traballo para a constitución no municipio de Unha Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios forestais para este ano 2025, compostas de cinco membros: 1 Xefe de Brigada (Capataz Forestal), 3 Peóns de Brigada e 1 Peón-Condutor con carné B.
Prazo de presentación: 10 días naturais a contar dende o día seguinte a publicación no BOP Lugo.
- 25/06/2025 Anuncio resultado Selección B.P.I 25-06-2025.
- 23/06/2025 Resol. definitiva admitidos e excluídos e Tribunal día e lugar B. PREV. INCENDIOS 2025
- Anuncio da convocatoria no BOP Lugo.
- Bases da convocatoria.
- Anexo I SOLICITUDE.
Nota aclaratoria:
Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo a través do trámite destacado - Selección Brigada Prevención e defensa Incendios forestais, e a documentación que se envía non é orixinal ou copias electrónicas autenticas (dixitalización dun orixinal por unha administración), poderase solicitar o cotexo das copias achegadas, requirindo a exhibición do documento ou da información orixinal. A non presentación dos orixinais para a súa autenticación suporá a exclusión do solicitante.
No expón poñerase a seguinte lenda “Selección Brigada Prevención e Defensa contra Incendios Forestais 2025” e no solicita poñer o posto no que se inscribe.
Non estará activado este procedemento en la sede ata o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP Lugo.
08/05/2025 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 1 Monitor deportivo, no Concello de Begonte, PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2025 (Financiado pola Deputación Provincial de Lugo).
Prazo de presentación: 10 días naturais, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo (si o último día de prazo de presentación da solicitude é inhábil, prorrogarase o primeiro día hábil).
- 04/06/2025 Anuncio do resultado 1 M. deportivo PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2025.
- 03/06/2025 Corrección dun erro nas bases da convocatoria M. Deportivo PRE25.
- 30/05/2025 Resolución definitiva admitidos - excluídos - tribunal lugar e data 1 M. Deportivo PRE25
- 26/05/2025 Resolución provisional admitidos - excluídos 1 M. Deportivo PRE25
- Anuncio da convocatoria no BOP Lugo.
- Bases da convocatoria.
- Anexo II solicitude.
04/05/2025 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 5 Peóns obra pública, no Concello de Begonte, PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2025 (Financiado pola Deputación Provincial de Lugo).
Prazo de presentación: 7 días naturais, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo (si o último día de prazo de presentación da solicitude é inhábil, prorrogarase o primeiro día hábil).
- 15/05/2025 Anuncio do resultado 5 PEÓNS PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2025.
- 13/05/2025 Resolución Definitiva admitidos, Tribunal, lugar e data da selección 5 peóns PRE25.
- Anuncio da convocatoria no BOP Lugo.
- Bases da convocatoria.
- Anexo I solicitude.
Nota aclaratoria:
Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo (trámite destacado - Selección de persoal - Peón obra pública PROGRAMA RE), @teniendo en cuenta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón envíase así, terase que achegar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.
Na casa expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un Peón Obra PRE 2025".
- 23/01/2025 Anuncio do resultado final da selección.
- 21/01/2025 Resolución definitiva admitidos e excluídos e Tribunal día e lugar.
- 13/01/2025 Resolución provisional admitidos e excluidos.
- Bases da selección publicadas no BOP Lugo nº 294 de 21/12/2024.
- Modelo de instancia.
Prazo de presentación: 10 días naturales, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo
Nota aclaratoria:
Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo Instancia xeral tendo en conta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón se envía así, terase que aportar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.
Na casilla expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un Oficial 1ª / 2ª".
20/11/2024 Convocatoria para a selección do Obradoiro dual de emprego "Cumes da Terra Chá VIII" dos Concello de Begonte, Rábade e Friol ano 2024, en aplicación da subvención outorgada pola Consellería de Emprego, Comerio e Emigración, ao abeiro da orde do 7 de febreiro de 2024.
- 09/12/2024 Acta resultado selección alumnos Rábade.
- 09/12/2024 Acta resultado selección alumnos Friol.
- 09/12/2024 Acta resultado selección alumnos Begonte.
- 09/12/2024 Acta resultado selección 1 administrativo/a.
- 09/12/2024 Acta resultado selección 2 monitores.
- 09/12/2024 Acta resultado selección Director.
- 04/12/2024 Resolución co listado de candidatos, tribunal, lugar e hora da selección.
- Bases da convocatoria para selección 1 Director/a.
- Bases da convocatoria para selección 2 Monitores/as e 1 Administrativo/a.
- Bases da convocatoria para selección 20 Alumnos/traballadores.