CURSO DE FOTOTRAMPEO PARA OBSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL 🦊🐗🦉🐺
O vindeiro 🗓 venres día 3 de outubro, levaremos a cabo un Curso de fototrampeo 🎥 para observación do medio natural, de carácter gratuíto, para todas aquelas persoas que desexen acudir.
Será na 🏡 Aula da Natureza de Begonte (fronte ó Centro de Saúde) ás ⏰ 17.00 horas.
⚠️Prazas limitadas! Preferencia empadroados/as no Concello de Begonte.
📋 Anótate xa no 📍 Concello de Begonte, nos teléfonos ☎ 982 39 61 43/618 70 94 73 ou por correo electrónico 📧 en aulanaturezaconcellodebegonte@gmail.com!