CONTRATACIÓN DE 1 ENXEÑEIRO TÉCNICO TOPOGRÁFICO - PROGRAMA CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL (COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA NON MARCO DO PROGRAMA FSE+ GALICIA 2021-2027)
O Concello de Begonte solicitou a concesión dunha subvención para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, segundo a Orde do 13 de agosto de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (TR350E), co obxecto de cartografar a rede de saneamento municipal.
Recibida a resolución de concesión fíxose a convocatoria de selección para o posto de 1 Enxeñeiro/a Técnico/a Topografico, que tal como establece a Orde da convocatoria solicituouse as persoas traballadoras mozas mediante a presentación de oferta de emprego na correspondente oficina pública do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Rematado o procese de selección, o candidato proposto iniciou o seu traballo o 15/12/2025 cunha duración de 9 meses.
Os obxectivos que se formulan para este programa en canto ao traballador son os de facilitarlle unha experiencia práctica de campo relacionada ca súa formación académica, mellorar as súas habilidades competenciais e a súa empregabilidade, no caso do concello son os de incorporar un técnico que pode realizar un traballo moi importante para a realización de obras de mantemento, reparación de avarías e melloras na rede de saneamento extensa.