⚡ NOVO DESFIBRILADOR EN BEGONTE ❤️
📢 Dende agora, o Concello de Begonte conta cun novo desfibrilador (DEA) no ximnasio municipal 🏋️♂️, que se une ó que xa había instalado no Pavillón Municipal de Baamonde 🏟️, reforzando así a seguridade de todas as persoas usuarias.
💓 Dispoñer deste tipo de equipamento pode marcar a diferenza nunha situación de emerxencia, permitindo actuar de forma rápida ante unha parada cardíaca 🚑⏱️ e aumentando significativamente as posibilidades de supervivencia.
👏 Este avance supón un compromiso claro coa saúde, a prevención e o benestar da veciñanza.
👉 Facer deporte é importante… facelo con seguridade aínda máis! 💙