Ir o contido principal

XESTIÓN DE BIOMASA 🌲🌳

biomasa

XESTIÓN DE BIOMASA 🌲🌳

En cumprimento da Lei 3/2007, de prevención e defensa ❌ contra os incendios forestais de Galicia, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 fai saber ós/ás propietarios/as das parcelas, as obrigas para diminuír o risco de incendios 🔥.

Obrigas en relación coas faixas secundarias de Xestión de Biomasa:

Núcleos urbanos, rurais, edificacións illadas, polígonos industriais, gasolineiras, depósitos de lixo, e zonas situadas a menos de 400 metros do monte, edificacións en solo rústico destinadas a uso agrogandeiro e forestal e as edificacións vinculadas a estas:

Nun perímetro de 5️⃣0️⃣ metros:

🔸 Manter libre de maleza (toxos, xestas, etc) e o arboredo existente deberá estar rareado e podado.
🔹 Tampouco poderá haber especies prohibidas como piñeiros, eucaliptos, acacias, etc.

Camiños forestais 🌳:

Na faixa de 4️⃣ metros dende o límite:

🔺 Sen especies prohibidas pola lei, piñeiros , eucaliptos, acacias, etc.

A data límite para cumprir co disposto pola lei 3/2007 é o 𝟑𝟏 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟔.

En caso de incumprimento, o Concello, de forma subsidiaria, procederá a realizar os traballos de limpeza 🚜 pasándolle os custes ós/ás titulares da parcela . Ademais iniciarase expediente sancionador, con sancións que van dende os 𝟑𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 ata os 𝟑𝟎.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬.