🐣🐥 PROCEDEMENTO PARA A COBERTURA DE PRAZAS VACANTES NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "PÍO PÍO" PARA O CURSO 2026-2027
📄 Ábrese un prazo extraordinario de presentación de solicitudes para a cobertura das prazas vacantes existentes na Escola Infantil Municipal “Pío Pío” 🐤, que permanecerá aberto ao longo de todo o curso 2026-2027, ou mentres existan prazas dispoñibles.
As solicitudes poderán presentarse en calquera momento do curso escolar, mediante o modelo normalizado, no Rexistro Xeral do Concello de Begonte 🏢 ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
ℹ️ A orde de adxudicación das prazas vacantes realizarase atendendo aos seguintes criterios de prioridade:
1️⃣-Menores pertencentes a unidades familiares empadroadas no Concello de Begonte.
2️⃣-Menores cuxo pai, nai ou persoa titora legal desenvolva a súa actividade laboral no municipio de Begonte.
3️⃣-No caso de continuaren existindo prazas vacantes, poderán acceder ao servizo menores procedentes de calquera municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo a orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello e de acordo coa dispoñibilidade de prazas por unidade de idade.