Ir o contido principal

IMPLANTACIÓN DUN PUNTO LIMPO MÓBIL

IMPLANTACIÓN DUN PUNTO LIMPO MÓBIL

IMPLANTACIÓN DUN PUNTO LIMPO MÓBIL

O Concello de Begonte en agosto deste ano solicitou por medio do procedemento (MT975I) ao abeiro da Orde do 1 de xullo de 2021 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio de Vivenda, pola que se establecian as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-20211.

Recibida a notificación de concesión en setembro de 2021, adquiriu varios equipamentos (remolque con gancho multilift, módulo punto limpo móbil e caixa porta depósito de limpeza a presión) para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola Rede Galega de Puntos Limpos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia para a Implantación neste concello dunha infraestrutura móbil que se desprazará polas diferentes parroquias, permanecendo estacionado un tempo determinado en cada unha delas.

punto limpo

punto limpo

Fotos: Punto limpo móbil

As datas e localizacións do punto limpo móbil, publicaranse previamente para dar a coñecer con anterioridade a información necesaria e facilitar así o seu uso por parte dos veciños.

Os tipos de residuos que se poderan depositar no punto limpo móbil adquirido polo concello serán os seguintes:

  • Lámpadas e fluorescentes
  • Teléfonos móbiles
  • Xoguetes
  • Roupa
  • Calzado
  • Pilas e baterías
  • Pequenos aparellos eléctricos
  • Envases de pintura, disolventes e vernices.
  • Tóner e cartuchos de impresora.