𝐀𝐁𝐄𝐑𝐓𝐎 𝐄 𝐎𝐏𝐄𝐍 𝐃𝐄 𝐁𝐈𝐋𝐋𝐀𝐑𝐃𝐀 🎖
Este sábado 17 a partir das ⏰ cinco da tarde, dentro das actividades programadas polo 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 relacionadas coa 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐭𝐮𝐝𝐞, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario 🌳 vai organizar un obradoiro, aberto a todas aquelas persoas que queiran facer unha primeira aproximación ao tradicional xogo da billarda. 😃
Se tes interese en aprender a xogar, neste obradoiro explicarán, brevemente, en que consiste, as 📜 regras básicas e uns pequenos apuntamentos para empezar a collerlle gusto ao xogo. ☺️
Dentro deste obradoiro farán un abertiño 🏆 para que toda a xente que empeza poida experimentar a emoción de xogar por primeira vez. O material será posto pola organización, así que non precisas traer nada.
Ao remate do obradoiro disputaremos o 𝐈𝐈𝐈 𝐀𝐛𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐝𝐚 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐭𝐮𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 🥇. O aberto é libre e pode anotarse calquera. De novo, se non tes material, proporcionarase o mesmo a calquera persoa que se anote.