Ir o contido principal

Poboación

Segundo o censo de 2020, a poboación do concello de Begonte é de 2.978 habitantes, dos que 1.498 son homes e 1.480 mulleres (a comezos do século XX, era de ao redor de 6.500 persoas).

Censo de Begonte

 

Esta poboación, a comezos do século XX, era de ao redor de 6.500 persoas, pero as mesmas causas que incidiron na maior parte do territorio galego, no resto da comarca e da provincia de Lugo, foron minguando a poboación. O brusco descenso nas taxas de natalidade, o mantemento da taxa de defuncións, e o fenómeno da emigración en favor dos grandes núcleos ou do exterior, foron os factores que orixinaron este descenso.

As parroquias máis poboadas na actualidade son as da zona central do Concello - Saavedra, Baamonde e Begonte- situadas preto das máis importantes vías de comunicación e, no caso de Baamonde e Begonte, pola existencia de núcleos urbanos, e con eles unha maior concentración de servizos municipais.

Así, no  decurso do tempo, veu mantendo a poboación na capital do Concello e en Saavedra, mentres que se acusaba de maneira máis forte a diminución en Castro, Santalla, Pena (San Vicente), Donalbai e Virís.

A densidade de poboación é de 81,11 habitantes por quilómetro cadrado na capital do Concello, 69,29 en Carral, 51,01 en Baamonde, e 50,32 en Saavedra.

O fenómeno da inmigración ten xa una certa importancia en Begonte, polo crecente papel dos polígonos industriais no concello, e pola xente que volve despois da súa xubilación.