Ir o contido principal

Cabalgata de Reis

Un ano máis, a pesar do mal tempo, os Reis Magos de Oriente chegaron a Begonte o día 5 de xaneiro para recibir aos nenos e nenas do municipio e entregarlles uns agasallos.

Chegaron á casa da Cultura de Begonte ao redor das catro e media da tarde, montados dacabalo, e acompañados do seu séquito desprazáronse ata o Concello onde foron recibidos pola Corporación municipal, e unha nena en representación de todos os begontinos e begontinas deulles a benvida; unha vez finalizada a recepción dos nenos estes puideron gozar dunha merenda e de distintas actividades de animación: globoflexia, música, etc., que completaron unha xornada marcada pola ilusión.