Ir o contido principal

Ruta: Caneiros e Lagoas de Riocaldo

As Lagoas de Riocaldo –xunto á de Pozo do Ollo- están situadas entre as parroquias de Begonte e Pacios, e contan cun microclima específico e unha abundante e notable flora e fauna acuática entre as que se atopan diversas especies de interese internacional, comunitario e nacional que o converten nun lugar que fixo merecedor da declaración de Lugar de Interese Comunitario (LIC) ó espazo “Parga-Ladra-Támoga” na proposta para a Rede Natura 2000.

Ademais a totalidade da superficie do concello de Begonte atópase incluído dentro da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, declaración realizada en novembro do 2002.

A Lagoa de Riocaldo é unha paraxe natural que disfrutan diferentes aves acuáticas entras as que se atopan Garzas Reais, cormoráns, diferentes tipos de patos, aves migratorias, como alavancos, as gallinolas negras, as cercetas reais, as píllaras douradas grandes, os patos culler, o asubión, o ánsar cenicento, ou pato cenicento, e ou rabilargo etc.

A garza real podemos vela durante todo o ano, así como cigoñas brancas, a cerceta de verán ou o biliruco alinegro e pintado,etc.

Entre os mamíferos que podemos encontrar o desmando ibérico e a londra, ambos os dous típicos de cursos fluviais e brañas. O musgaño patibranco, o armiño, o tourón e a rata de auga son outras interesantes especies propias destes medios e presentes na área. Presenza asimesmo frecuente de corzo e xabaril.