Ir o contido principal

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O IV CAMPUS MIXTO DE FÚTBOL SALA E CAMPAMENTO DE VERÁN 2021

campus futbol sala

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O IV CAMPUS MIXTO DE FÚTBOL SALA E CAMPAMENTO DE VERÁN 2021

Dende hoxe día 28 de maio e ata o próximo 15 de xuño, permanecerá aberta a inscrición no IV CAMPUS MIXTO DE FÚTBOL SALA E CAMPAMENTO DE VERÁN 2021 para todos aqueles nenos/as que realizaron a preinscrición no prazo establecido.

Dito trámite formalizarase no rexistro do Concello de luns a venres entre as 09:00 e a 14:00h presentando debidamente cuberto o modelo de solicitude e presentando a documentación requerida:

Modelo de inscrición.

Tamén se poderá realizar mediante a sede electrónica do Concello de Begonte, premendo na seguinte ligazón:

Sede electrónica.

*Nota: Para poder realizar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Begonte e necesario identificarse electronicamente con certificado dixital de persoa física, DNI electrónico ou clave concertada.