Ir o contido principal

ACTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE BEGONTE

concello

ACTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE BEGONTE

O Concello de Begonte ten o pracer de convidar a toda a cidadanía ó acto institucional que se celebrará o próximo sábado, día 28 de febreiro de 2026, ás 12.00 horas na Casa da Cultura.

En dito acto, nomearase como FILLO ADOPTIVO a Don José Antonio Vázquez García, Alcalde do Concello de Begonte durante catro anos e Tenente de Alcalde desde o 2011 ata o seu pasamento, ademais de Axudante Técnico Sanitario nesta localidade.

Tamén se nomeará como FILLO PREDILECTO a Don Jesús Domínguez Guizán, crego de Damil, Felmil, Valdomar, Illán e Trobo, párroco de Begonte e presidente do Centro cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén.