AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS A CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CUMES DA TERRA CHÁ VIII “CONCELLOS DE BEGONTE - RÁBADE – FRIOL.
Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen a finalidade de facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos talleres duais de emprego, financiados a través da convocatoria 2024 de axudas e subvencións a talleres duais de emprego, pola Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pertencente á Consellería de de Emprego, Comercio e Emigración, neste caso será para o alumnado do Obradoiro de Emprego CUMES DA TERRA CHÁ VIII, que rematen o Obradoiro co resultado de apto/a.
Condicións da contratación:
- Duración da contratación temporal: mínimo de 3 meses.
- Xornada laboral: a tempo completo.
- A contatración laboral deberá comezar nos quince días seguintes á finalización do obradoiro dual de emprego CUMES DA TERRA CHÁ VIII, que remata o 12/09/2025.
Beneficiarios.-Poderán ser entidades beneficiarias cos incentivos a contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos talleres duais de emprego, é dicir, que a actividade estea relacionada coas especialidades de EOCB0208 Operacións Auxiliares De Albanelaría de Fábricas e Cubertas e EOCB0209 Operacións Auxiliares de Acabados Ríxidos e Urbanización, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos talleres duais de emprego, ver máis nas bases da convocatoria.
Prazo de presentación: 03/08/2025 al 02/09/2025.
Para máis información consultar as bases da convocatoria.
Documentación Fase Solicitude:
- Publicación do extracto das Bases da convocatoria no BOP de Lugo 02/08/2025.
- Bases da convocatoria.
- Anexo I Solicitude.
- Anexo II Declaración.
As solicitudes poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Begonte utilizando o Anexo Solicitude ou por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Begonte, utilizando o trámite destacado denominado Axudas incentivos contratación alumn@s obradoiro 2024