Ir o contido principal

Charla co título “Convivencia familiar e éxito escolar”

Concello de Begonte

Charla co título “Convivencia familiar e éxito escolar”

 FORMACIÓN PARA FAMILIAS

“CONVIVENCIA FAMILIAR E ÉXITO ESCOLAR”

 O éxito escolar é unha das principais preocupacións das nais e pais na actualidade. Dada a especial relevancia e sensibilidade que este tema provoca nas familias, faise necesario promover unha profunda reflexión de cara a consolidar estruturas que favorezan o éxito escolar e minoren o fracaso. Nesta reflexión posúe gran relevancia a familia a quen neste folleto se lle proporcionan pautas para acadar unha mellora real no proceso académico dos menores.