🥎 CLAUSURA LIGA DE PÁDEL 24/25
No día de onte, celebrouse a tradicional COPA 🏆 coa que se pon fin á Liga de Pádel 24/25 organizada polo 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞.
Dende as ⏰ 9.00h da mañá e ata as 23.00h da noite 🌙, numerosas parellas participaron neste evento no que non faltou o bo ambiente 😃 e o compañeirismo 🤝 desta competición .
Como non, nun día tan solleiro ☀️, non faltou a comida campestre 🌳 nas inmediacións da Pista de Pádel 🏟, entre charlas e anécdotas, compartindo unhas ricas empanadas 🥟 e un bo churrasco 🍖.
ℹ️ Xa estamos a preparar o V TORNEO DE PÁDEL que se celebrará, como tódolos anos, a finais do mes de agosto.