Ir o contido principal

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 𝐀𝐏𝐎𝐒𝐓𝐀 𝐏𝐎𝐋𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐀𝐗𝐄 𝐃𝐎𝐌𝐄́𝐒𝐓𝐈𝐂𝐀 ♻️🍁🌿

compostaxe

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 𝐀𝐏𝐎𝐒𝐓𝐀 𝐏𝐎𝐋𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐀𝐗𝐄 𝐃𝐎𝐌𝐄́𝐒𝐓𝐈𝐂𝐀 ♻️🍁🌿

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica 🤩 coa que entregará 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio.

Trátase dunha iniciativa dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

𝐐𝐮𝐞𝐧 𝐩𝐨𝐝𝐞 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐥𝐨❓

Pode acceder a este composteiro toda persoa que resida nunha vivenda illada 🏡 que conte cunha parcela ou horta 🍅 dun mínimo de 25 m². A veciñanza interesada pode realizar a solicitude de dúas formas:

🔸 A través da solicitude online 👉 https://l1nq.com/2556ubg
🔹 Chamando ao teléfono ☎️ do Concello: 982 396 143

𝐂𝐨́𝐦𝐨 𝐞́ 𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐢𝐫𝐨❓

Cada composteiro ten unha capacidade de 400 litros e debe instalarse no exterior da vivenda 🏠, tendo en conta unhas recomendacións básicas para o seu correcto funcionamento:

🌥️ Situalo nunha zona sombreada, protexida das inclemencias meteorolóxicas.
🪾 Preferiblemente, baixo unha árbore de folla caduca.
🪱 En contacto directo coa terra, para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.

𝐑𝐞𝐜𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚𝐫 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨

Coa posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Begonte busca poñer en valor as vantaxes ambientais, económicas e sociais da compostaxe doméstica. Ademais, esta campaña supón unha oportunidade para recuperar unha tradición xa asentada no rural galego, a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando 🐖 e/ou elaboración de compost 🪴, actualizándoa mediante un sistema máis óptimo, hixiénico, cómodo e eficiente.

Deste xeito, o Concello reafirma o seu compromiso 🤝 coa xestión sustentable dos residuos e coa mellora ambiental do municipio, ofrecendo á veciñanza unha ferramenta sinxela e gratuíta para reducir a xeración de residuos orgánicos dende os propios fogares.