𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐂𝐔𝐋𝐓𝐈𝐕𝐎 𝐃𝐄 𝐄𝐒𝐏𝐄𝐂𝐈𝐄𝐒 𝐀𝐑𝐁𝐎𝐑𝐄𝐀𝐒 𝐅𝐑𝐎𝐈𝐓𝐄𝐈𝐑𝐀𝐒 🌳
📅 Sábado 25 de outubro ás 10:00 h
📍 Aula da Natureza do Concello de Begonte
👉 20 prazas por orde de inscrición (preferencia empadroad@s).
🍏 O curso "Cultivo de especies arbóreas froiteiras" ofrece formación práctica sobre o establecemento e manexo sostible de frutais adaptados ao clima húmido de Begonte.
🍐 Preténdese capacitar ás persoas participantes na elección das especies máis axeitadas, técnicas de manexo ecolóxico e avaliación da rendibilidade.
🍒 Promóvese o respecto polo medio e o aproveitamento racional dos recursos locais.
A iniciativa enmárcase dentro das accións para o impulso de actividades sostibles na Reserva da Biosfera Terras do Miño, fortalecendo o desenvolvemento rural e a innovación agroforestal.
🔗 Máis info e inscricións:
📧 aulanaturezaconcellodebegonte@gmail.com
📞 618 70 94 73 / 982 39 61 43
🌍 Xuntos seguimos promovendo un futuro sostible para o noso medio ambiente! 🌱