Ir o contido principal

CURSO DE TÉCNICAS DE ESTUDO 🧠📖

curso

CURSO DE TÉCNICAS DE ESTUDO 🧠📖

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, a través de 𝐀𝐅𝐀𝐌𝐌𝐄𝐑 (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural) convoca un curso gratuíto 📚 sobre TÉCNICAS DE ESTUDO, dirixido a persoas maiores de 18 anos, que se levará a cabo o próximo 9 de outubro en horario de 𝟏𝟔.𝟎𝟎 𝐚 𝟐𝟐.𝟎𝟎𝐡 na 📍 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐝𝐚 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚.

A finalidade é coñecer as técnicas de estudo e memorización 🧠 máis operativas e a adecuación das mesmas cando existen dificultades de aprendizaxe.

Os contidos serán:

𝟏. Teoría das intelixencias múltiples.
𝟐. Reestruturación cognitiva para o estudo.
𝟑. Hábitos de estudo en nenos e nenas de primaria.
𝟒. Diferenzas entre técnicas de estudo e técnicas de memorización.
𝟓. Técnicas de estudo.
𝟔. Técnicas de memorización.
𝟕. Dificultades de aprendizaxe:
🔸 Dislexia
🔹 Discalculia
🔸 Disgrafía
🔹 TDAH
🔸 Altas capacidades

📝 A inscrición poderá realizarse nas oficinas do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 ata o 7 de outubro ou ata esgotar as prazas.