DECLARACIÓN DE LOITO OFICIAL NO MUNICIPIO POLO PASAMENTO DE D. JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN 🖤
Ante o pasamento de Don Jesús Domínguez Guizán, cura párroco de Begonte e fillo predilecto deste Concello, feito que provoca un fondo pesar entre a veciñanza de Begonte, e como testemuña da dor e recoñecemento, o Concello de Begonte decreta:
▪️Dous días de loito oficial no municipio, dende as 12:00 horas de hoxe día 9 de novembro ata as 12.00 horas do día 11 de novembro.
▪️As bandeiras dos edificios municipais ondearán a media asta e con crespón negro.
▪️Suspendense tódolos actos oficiais organizados pola Corporación Municipal.
▪️Mañá martes, día 10 de novembro, celebrarase un minuto de silencio en memoria do falecido ás 12.00 horas diante da Casa do Concello.
D.E.P.