𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐒𝐄𝐍𝐓𝐄 𝐄𝐍 𝐅𝐄𝐒𝐓𝐔𝐑 𝟐𝟎𝟐𝟔
Por primeira vez, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 participa na Feria de Festas de Interese Turístico (FESTUR) , un gran evento anual celebrado no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda) e que reúne decenas de celebracións galegas con distinción turística.
O obxectivo é darlle relevancia ó noso Concello, contando cun stand propio 🏠 no que os/as visitantes poden coñecer os nosos atractivos 🌳, historia 🛖, proxectos ☀️ e, como non, o BELÉN DE BEGONTE 🎄.
Todas as persoas que o desexen, poden visitarnos dende onte e ata o vindeiro domingo no Pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda.

