Ir o contido principal

❄️ 𝐅𝐎𝐋𝐈𝐃𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐈𝐍𝐕𝐄𝐑𝐍𝐎 ☔️

foliada inverno

❄️ 𝐅𝐎𝐋𝐈𝐃𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐈𝐍𝐕𝐄𝐑𝐍𝐎 ☔️

O vindeiro sábado 🗓 28 de febreiro, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario organiza unha nova edición da Foliada de Inverno ❄️ que este ano lle adican a unha das manifestacións populares máis espectaculares: a Regueifa.

Ademais, realizarán un obradoiro impartido por Nuria das Cruzes e Xairo d’Herbón que comezará ás seis da tarde e terá unha duración aproximada de dúas horas.

ℹ️ O prezo será de 15 euros para persoas non asociadas e de 5€ para asociadas. O número de prazas é limitado polo que cómpre anotarse no correo electrónico da asociación: 📩 castineiromilenario@hotmail.com.

A continuación, Foliada de Inverno con Regueifa, Treitoría e Foliadeir@s do Castro e Lambe Lambe.

Será no Centro Sociocultural de Begonte, ó carón do Centro Médico. 🥳