Ir o contido principal

𝐎 𝐈𝐌𝐒𝐄𝐑𝐒𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀 𝐎 𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀 𝐃𝐄 𝐓𝐄𝐑𝐌𝐀𝐋𝐈𝐒𝐌𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐀𝐍𝐎 𝟐𝟎𝟐𝟓/𝟐𝟎𝟐𝟔. 👴👵

termalismo

𝐎 𝐈𝐌𝐒𝐄𝐑𝐒𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀 𝐎 𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀 𝐃𝐄 𝐓𝐄𝐑𝐌𝐀𝐋𝐈𝐒𝐌𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐀𝐍𝐎 𝟐𝟎𝟐𝟓/𝟐𝟎𝟐𝟔. 👴👵

🔸Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

a. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.

b. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

c. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

d. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

🔹As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:

1. Poder valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria.

2. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

3. Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

📅 Prazo de presentación:

a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:

1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de decembro de 2025.

2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2026.

b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2026.

2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 e outubro de 2026.

Para tramitar a solicitude ou obter máis información pide cita na Oficina de Servizos Sociais comunitarios do Concello de Begonte. 982 396 143