Ir o contido principal

O CONCELLO DE BEGONTE IMPLANTA UN NOVO SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DE APP MÓBIL

O CONCELLO DE BEGONTE IMPLANTA UN NOVO SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DE APP MÓBIL

O CONCELLO DE BEGONTE IMPLANTA UN NOVO SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DE APP MÓBIL

Grazas a esta iniciativa que se presentará mañá pola mañá na Casa da Cultura a partir das 11.00 horas, os/as veciños/as do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece Liña Verde. Este servizo serve como canle directa de comunicación dos danos que se detecten no equipamento urbano do municipio.
 
Durante este mes de outubro, o Concello de Begonte únese ós máis de 500 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo Liña Verde. A través desta canle de comunicación directa, os/as veciños/as poden poñer en coñecemento do Consistorio aqueles danos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución ás cuestións comunicadas.
 
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde. Para iso, o/a usuario/a accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/ iOS). Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o/a usuario/a selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
 
Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O/A usuario/a selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ó botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O/A cidadán/á á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.
 
A través de Liña Verde, o usuario tamén pode expor calquera consulta ambiental. Basta con seleccionar a opción de “Fai a túa consulta”. Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta.
 
Ao servizo Liña Verde tamén se pode acceder a través do domino www.lineaverdebegonte.es. Ademais de comunicar unha incidencia ou expor unha consulta, o usuario dispón dun amplo contido de consulta ambiental ( guía de boas prácticas, consellos, información propia do municipio etc…).
 
Liña Verde tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 en horario de 8.00 horas a 17.00 horas (custo da chamada 0,07 €/ min).
 
Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello aos cidadáns que así o desexen. Desta forma, ademais de implantar unha canle para resolver incidencias de mantemento no municipio tamén podemos facer chegar a información de servizo público que se considere oportuna como o corte de tráfico dunha rúa, o horario de determinados espectáculos municipais, ou o corte de auga ou luz que se poida producir en calquera punto. Tamén poden consultar os principais puntos de interese que se localicen no municipio e información relevante sobre o mesmo.
 
O Concello de Begonte anima ós/ás veciños/ás da súa localidade para utilizar o servizo Liña Verde. A través da implantación deste servizo e grazas a unha importante participación cidadá, pretende lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños e veciñas😀