Ir o contido principal

ππ‘πŽπ†π‘π€πŒπ€ 𝐁𝐄𝐍𝐄𝐒𝐓𝐀𝐑 ππ€π‹ππ„π€π‘πˆπŽπ’ πŸπŸŽπŸπŸ” πŸ’§

folleto balnearios

ππ‘πŽπ†π‘π€πŒπ€ 𝐁𝐄𝐍𝐄𝐒𝐓𝐀𝐑 ππ€π‹ππ„π€π‘πˆπŽπ’ πŸπŸŽπŸπŸ” πŸ’§

A ConsellerΓ­a de PolΓ­tica Social convoca as prazas de Balnearios para pensionistas πŸ‘΄πŸ‘΅ que desexen participar no Programa de Benestar en Balnearios 2026.

Cada quenda terÑ unha duración de 10 días e 9 noites, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderÑ desde as ⏰ 12.00 horas do día de chegada ata as ⏰ 12.00 horas do día de saída.

As quendas terΓ‘n lugar entre o 15 de xullo e o 31 de decembro de 2026.

βœ… CONDICIΓ“NS PARA PARTICIPAR

Para beneficiarse deste programa haberΓ‘ que reunir os seguintes requisitos:

πŸ”Έ Ter 60 anos ou mΓ‘is, ou ter 55 ou mΓ‘is e posuΓ­r a condiciΓ³n de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilaciΓ³n, invalidez, viuvez ou outras pensiΓ³ns.
πŸ”Ή Estar empadroado/a e residir nalgΓΊn concello da Comunidade AutΓ³noma de Galicia.
πŸ”Έ Valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria e estar en condiciΓ³ns de participar no programa.
πŸ”Ή Non padecer alteraciΓ³ns do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
πŸ”Έ Non ter contraindicaciΓ³n mΓ©dica para a recepciΓ³n dos tratamentos termais.
πŸ”Ή Acadar, de conformidade co baremo, a puntuaciΓ³n que lle permita acceder a algunha das prazas e das quendas solicitadas.
πŸ”Έ Cumprir cos requisitos e obrigas establecidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuΓ±o, de subvenciΓ³ns de Galicia.

ℹ️ Para InformaciΓ³n e tramitaciΓ³n, deberase acudir Γ‘ oficina de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Begonte.

πŸ“ O prazo de inscripciΓ³n remata o 26 de xuΓ±o de 2026.

Β