Ir o contido principal

πŸ‘΅πŸ§˜β€β™€οΈ TALLER DE EXERCICIO E OCIO SAUDABLE NA 3Βͺ IDADE

CategorΓ­as

Última Hora

 TALLER DE EXERCICIO E OCIO SAUDABLE NA 3Βͺ IDADE

πŸ‘΅πŸ§˜β€β™€οΈ TALLER DE EXERCICIO E OCIO SAUDABLE NA 3Βͺ IDADE

O π‚π¨π§πœπžπ₯π₯𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 en colaboraciΓ³n coa Escola Galega de SaΓΊde organizan o prΓ³ximo πŸ— 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐒𝐨 este curso πŸ“š gratuΓ­to dirixido a pacientes, familiares, coidadores/as de persoas dependentes e cidadanΓ­a en xeral.

πŸ”ΈπŽππ—π„π“πˆπ•πŽπ’:
πŸ”˜ Desenvolver actividades fΓ­sicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevenciΓ³n de enfermidades.
πŸ”˜ CoΓ±ecer a importancia do estilo de vida (ocio) no benestar persoal e mantemento do contacto directo da persoa co entorno.
πŸ”˜ Conseguir un descanso/sono satisfactorio que lle permita realizar as actividades da vida diaria sin que supoΓ±a esforzo e con un estado de tranquilidade.

πŸ”Ήππ‘πŽπ†π‘π€πŒπ€:
πŸ”˜ Beneficios do exercicio fΓ­sico para a saΓΊde fΓ­sica, intelectual e emocional.
πŸ”˜ A ocupaciΓ³n do tempo libre como forma de satisfacciΓ³n e/ou terapia.
πŸ”˜ Tipos de ocio, individual/grupal de actividades activas/pasivas.
πŸ”˜ CoΓ±ecer as necesidades/hΓ‘bitos/costumes e alteraciΓ³ns que interfiren no sonoΒ  (insomnio, dor, sono diΓΊrno, fΓ‘rmacos, nicturia...).
πŸ”˜ Factores biolΓ³xicos que inflΓΊen no sono: idade, nutriciΓ³n, estado de saΓΊde.
πŸ”˜ CondiciΓ³ns que favorecen e dificultan o descanso/sono.
πŸ”˜ InterrelaciΓ³n da necesidade descanso/sono con outras necesidades: oxixenaciΓ³n, alimentaciΓ³n, eliminaciΓ³n, manter postura adecuada...

πŸ‘¨β€πŸ« O curso serΓ‘ impartido polo docente Enrique del Arco Herrero, Licenciado en Farmacia e TΓ©cnico en PrevenciΓ³n de Riscos.
Β Β Β  Β 
INSCRICIΓ“NS ATA O 6 DE MAIO! PRAZAS LIMITADAS.