Ir o contido principal

XUNTA DE GALICIA PUBLICA HOXE A AXUDA PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DE PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES B, C E D Á MOCIDADE GALEGA.

xunta

XUNTA DE GALICIA PUBLICA HOXE A AXUDA PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DE PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES B, C E D Á MOCIDADE GALEGA.

Poderán solicitar esta axuda as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:
a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
a) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínimadun ano.
b Non estar traballando por conta propia nin allea.
c) Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Convocatoria 2024 procedemento BS321A publicado no DOG.Nº16 de 23/01/2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica de Xunta de Galicia e necesario identificarse electrónicamente con Chave 365, DNI electrónico ou certificado dixital de persoa física, en relación a este último poderás solicitalo no Concello de Begonte nunha xornada informativa que se está a organizar, pendente de ter un mínimo de interesados, podes consultar máis información

Prazo de presentación: 24/01/2024 00:00 - 30/09/2024 23:59, salvo que se produxa con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario disponible, caso en que se observará o disposto no artigo 2.2 da orde publicada no DOG.