Ir o contido principal

XUNTA DE GALICIA PUBLICOU A AXUDA PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DE PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES A2 E B Á MOCIDADE GALEGA

logo xunta

XUNTA DE GALICIA PUBLICOU A AXUDA PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DE PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES A2 E B Á MOCIDADE GALEGA

Poderán solicitar esta axuda as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:
a) Ter feitos os 18 anos de idade e non ter feitos os 31
a) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínimadun ano.
b Non estar traballando por conta propia nin allea.
c) Ter aprobado o/s permiso/s de conducir para o/s cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude

e) Que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) de 2025, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras.

Convocatoria 2025 procedemento BS321A publicado no DOG.Nº157 de 19/08/2025

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica de Xunta de Galicia e necesario identificarse electrónicamente con Chave 365, DNI electrónico ou certificado dixital de persoa física, 

Prazo de presentación: 25/08/2025 00:00 - 25/09/2025 20:00, salvo que se produxa con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario disponible, caso en que se observará o disposto no artigo 2.2 da orde publicada no DOG.