Ir o contido principal

CONCURSO DE "BOOK FACE" - DÍA DO LIBRO 2026 📚😃

book face

CONCURSO DE "BOOK FACE" - DÍA DO LIBRO 2026 📚😃

Con motivo do Día do Libro 📕, que se celebrará o vindeiro xoves día 23 de abril, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 propónche unha divertida actividade: o concurso de "BOOK FACE".

En qué consiste? É moi sinxelo! 🤩

🔸 Elixe a portada dun libro.
🔹 Integra o teu corpo ou entorno nela e saca unha fotografía.
🔸 Envía a imaxe por correo electrónico a 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚@𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨𝐝𝐞𝐛𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞.𝐞𝐬 indicando o nome completo do/da participante e os datos do libro.

⭐️ A proposta gañadora, que será elixida por un xurado formado por persoal do Concello de Begonte, recibirá un 𝐕𝐀𝐋𝐄 𝐏𝐎𝐑 𝐕𝐀𝐋𝐎𝐑 𝐃𝐄 𝟓𝟎€ para gastar en libros ou material de papelería. 👏

👧👨‍🦳👵🧔‍♂️ Poderán participar persoas de tódalas idades!

⚠️ O prazo de participación é ata o 𝟑𝟎 𝐃𝐄 𝐀𝐁𝐑𝐈𝐋 de 2026.

📸 As fotografías serán publicadas nas redes sociais do Concello de Begonte.

Anímate, participa e comparte! 📖❤️