𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 - 𝐀𝐍𝐃𝐀𝐈𝐍𝐀 𝐀𝐎𝐒 𝐏𝐎𝐙𝐎𝐒 𝐃𝐎 𝐎𝐋𝐋𝐎 🚶🌿
Ao longo das pasadas semanas puidemos descubrir os diferentes tesouros naturais que temos en Galicia: dende a Mariña 🌊, Os Ancares 🛖, As Fragas do Eume 🌳... hoxe a Pena Avaladoira e a Fervenza do Escouridal...
Pero pasado mañá, xoves, percorreremos a nosa natureza máis próxima. ❤️
O 🗓️ xoves día 1, ás ⏰ 17.30 horas, ven disfrutar dun paseo 🚶♀️ pola Ruta Fluvial de Begonte ata Os Pozos do Ollo, un enclave de gran valor natural e outro dos tesouros 💎 que se agochan en Begonte.
📝 Anótate xa no teléfono ☎️ 982 39 61 43.
🔴 A saída será dende a Aula da Natureza, onde ademais levaremos a cabo unha presentación 🖥️ dos valores naturais únicos que nos rodean.