Ir o contido principal

Xuño 2018

Servizo de Prevención de Drogodependencias

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS CONDUCTAS ADITIVAS
 

O fenómeno das drogodependencias constitúe unha problemática sociosanitaria de primeira orde a nivel global, consecuencia directa da converxencia entre múltiples variables que a cualifican como  multicausal. Como resposta, o Concello de Begonte asinou un convenio en 2008 cos Concellos de Outeiro de Rei e Rábade dando orixe ao Servizo de Prevención, ao que máis tarde, en xullo de 2013, uniríanse os Concellos de Guitiriz e Xermade.


O Servizo de Prevención concentra os seus esforzos en actuacións dirixidas á familia, escola, mocidade e comunidade, incidindo na tríada información-actitude-conduta e incorporando tanto estratexias de influencia (destinadas a modificar o nivel de coñecemento e as actitudes respecto das drogas), como de desenvolvemento de competencias (destinadas á mellora da autoeficacia).


A Asesoría do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas no Concello de Begonte sitúase na casa da Cultura os mércores en horario de 9:00 a 14:00 h.
Para máis información das actuacións do Servizo pica no logo:

Logo SPD

 

Emprego

Servizo Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL Begonte)

Funcións do AEDL, entre as que destacan:

  • Comunicación, información e asesoramento ás empresas, ós emprendedores e ós demandantes de emprego.
  • Axuda á inserción laboral dos desempregados.
  • Facilitar información sobre axudas.
  • Colaboración e apoio co Servizo Público de Emprego en relación a programas de orientación e información profesional, captación de ofertas.
  • Fomento da cultura emprendedora e do espíritu emprendedor.
  • Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, no ámbito local.
  • Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais.
  • Apoio a promotores e promotoras de empresas.
  • Colaboración coas Oficinas de Emprego de Lugo e co resto de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, fundamentalmente da comarca da Terra Cha.

 

Formación para desempregados

Programación de AFD (accións formativas desempregados) 2017

Programación de AFD (medios propios) 2017

 

29/09/2017 CURSO (100% subvencionado): Competencia Clave Lingua Extranxeira Inglés N-2.

  • CURSO: Competencia Clave Lingua Extranxeira Inglés N-2
  • INICIO: 4/10/2017     FIN: 30/11/2017
  • DESTINATARIOS: Desempregados con estudos primarios (non posuir certificado de ter rematada a ESO).
  • DURACIÓN: 198 horas 
  • HORARIO: de 16.00 a 21.00 horas (5 horas cada día)

 

Ofertas de emprego:

    30/09/2019 FINSA (Financiera Maderera) organiza nas instalacións de Rábade (Lugo) unha Xornada de Emprego en Fábrica o día 9 de outubro de 2019 para cubrir futuros postos de operarias e operarios de producción, se estás interesado tes que preinscribirse.

     

    Ofertas de emprego público:

    02/12/2020 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 1 Monitor deportivo, no Concello de Begonte, PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2020 (Financiado pola Deputación Provincial de Lugo).

    19/11/2020 Convocatoria para a contratación de 20 Alumnos/as-traballadores/as obradoiro dual de emprego “Cumes da Terra Cha IV” Concellos de Friol-Begonte-Rábade, persoal laboral Temporal, en aplicación da axuda outorgada pola consellería de Economía, emprego e industria, ao abeiro da orde do 27 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e Subvencións para obradoiros duais de emprego da Comunidade Autonoma de Galicia

    02/09/2020 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 8 Peóns obra pública, no Concello de Begonte, PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2020 (Financiado pola Deputación Provincial de Lugo).

    16/06/2020 Convocatoria para a contratación con carácter temporal, en réxime de dereito laboral temporal e a xornada completa, dos seguintes postos de traballo para a constitución no municipio de Unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para este ano 2020, compostas de cinco membros: 1 Xefe de Brigada (Capataz Forestal), 3 Peóns de Brigada e 1 Peón-Condutor con carné B

    15/06/2020 Convocatoria para a contratación con carácter temporal a xornada completa de 1 Peón forestal, Programa Aprol Rural 2020 do Concello de Begonte.

    12/06/2020 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 5 peóns en situación ou risco de exclusión social perceptores de RISGA no Concello de Begonte.

    25/05/2020 Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal Urxente de 1 posto de Auxiliar administrativo con destino ás oficinas municipais do Concello de Begonte,

    24/01/2020 Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal no Concello de Begonte, de 1 posto de PEÓN TRACTORISTA a encadrar dentro da Brigada Municipal de Obras e Servizos:

    08/11/2019 Convocatoria para a contratación laboral temporal de catro postos de técnicos de inserción laboral (Programa Integrado de Emprego A-ctívate3 (concello xestor Outeiro de Rei) 

    • Podes ver o Anuncio da convocatoria para prazas de Técnico de Inserción Laboral no Taboleiro de anuncios da sede electrónica de Begonte.

    Punto de Información Catastral

    LOCALIZACIÓN

    Casa do Concello
    Pza. Irmáns Souto Montenegro, 1 – 27373 - Begonte (Lugo)

     

    SERVIZOS QUE OFRECE O PUNTO DE INFORMACIÓN

    • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
    • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
    • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

     

    REQUIRIMENTOS

    • Libre acceso para a consulta e a certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
    • Ser titular catastral, o seu representante ou persona autorizada por el, para a consulta e a certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.

     

    DOCUMENTACIÓN

    • Acreditación da identidade (DNI).
    • Acreditación, no seu caso, da representación ou da súa autorización.

    Servizos Municipais

    EQUIPAMENTOS

    equipamentos_0_0.gif

    ESTRADAS

    estradas_0_0.gif

    SANEAMENTO

    A rede de saneameento do Concello ten unha lonxitude de 18.393 metros, dos que 13.162,60 están en funcionamento, e 5.230,40 en execución.

    A rede en funcionamento corresponde ás dúas localidades principais do Concello, e os núcleos situados nas beiras da Nacional VI.

    saneamento-begonte_0.gif

    Saneamiento Begonte

    saneamento-baamonde_0.gif

    Saneamiento Baamonde

    Existen catro instalacións depuradoras. Unha delas é unha fosa séptica, instalada en Santiago de Baamonde, nas proximidades do río Parga, cunha capacidade de 120.450 metros cúbicos ao ano. As tres restantes, depuradoras convencionais cunha capacidade total de 729.708 metros cúbicos ao ano, están situadas en San Pedro de Begonte (a maior), San Xoán de Valdomar e San Martiño de Carral, todas próximas ao río Ladra.

    ABASTECEMENTO DE AUGA

    O Concello de Begonte ten nestes momentos unha lonxitude de 150.510 metros de rede de abastecemento municipal de auga, dos que están en funcionamento 114.110 e 36.400 en execución.

    Abastecimiento de Agua

     

    Toda a rede está en bo estado de conservación, entre outras razóns por ser boa parte dela de recente execución, e utilizarse materiais como o PVC e  polietileno, sendo só as máis antigas de fibrocemento (Begonte, Baamonde e Camiño Real).

    A primeira rede de abastecemento afectou a núcleos inmediatos ou próximos á  N-VI, entre eles os dous núcleos urbanos do concello, Baamonde e Begonte. As obras máis recentes corresponden aos núcleos situados ao sur da  N-VI, que carecían deste servizo.

    No territorio do Concello existen tres depósitos para o abastecemento de auga: O maior, con 1.000 metros cúbicos de capacidade, está na parroquia de San Xulián de Gaibor; o segundo, con 600  m3, en Santiago de Illán; e un terceiro, con 450  m3 de capacidade, para as parroquias do sur do concello, en Santalla de Pena. Os dous primeiros están comunicados entre si, e abastecen á maior parte do territorio do concello.

    O depósito de Gaibor ten unha planta de potabilización, en base á esterilización con cloro. Outra, co mesmo sistema, instalouse no depósito de Santalla de Pena.

    Os depósitos de Gaibor e Illán abastécense do manancial coñecido como Fonte de Alonso, e o de Santalla de Pena, de tres pozos e o manancial de Montouto.

    rede_abastecemento2_0.gif

    RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA DE RÚAS

    O tipo de recollida de lixo que máis se dá no concello de Begonte é a orgánica, ou non selectiva, na que non se separan os diferentes tipos de lixo.

    Tres entidades do concello contan con recollida de vidro e papel, ademais de orgánica: Begonte, Baamonde e Baltar na parroquia de San Salvador de Damil.

    Por outra banda, no concello, nas épocas de ensilado, faise recollida de plástico dos silos, concentrando previamente nun punto todo o material a recoller.

    O Concello, con medios propios, fai recollida mensual de residuos metálicos: lavadoras, bidóns, metálicos das camas, etc. Para a súa recollida, o concello publica o correspondente bando comunicando a data.

    O cálculo do lixo que se recolle anualmente no concello presenta como principais cifras as de ao redor de 1.000 toneladas/ano para os residuos orgánicos, algo máis de 5 toneladas de papel e vidro, e preto de 24 toneladas de residuos metálicos.

    Baamonde e Begonte teñen limpeza viaria nas súas principais rúas.

    A recollida está contratada polo concello coa empresa Celtaprix, que traslada o lixo recollido ao vertedoiro de Teixeiro (A Coruña).

    A recollida non selectiva faise semanalmente en todo o concello, e dúas ou tres veces por semana nas zonas inmediatas aos núcleos urbanos. A recollida de papel, vidro e metais faise mensualmente.

    ENERXÍA ELÉCTRICA

    Existe subministración de enerxía eléctrica de boa calidade na totalidade do territorio do concello de Begonte.

    Neste concello existen dúas clases de iluminación pública. Unha delas, iluminación pública propiamente dita, con liña de cableado, poste, lámpada e consumo custeado directamente polo Concello, que corresponde aos núcleos urbanos e ás localidades situadas nas marxes das vías principais.

    alumado_0_0.gif

    O segundo sistema consiste en lámpadas situadas nas fachadas ou proximidades das vivendas rurais do concello, conectadas aos contadores de cada propietario, que corre co consumo da instalación. O concello instala a lámpada, corre co seu mantemento e, cada ano, entrega unha determinada cantidade ao propietario como compensación polo consumo da lámpada.

    A rede municipal de iluminación ten un total de 619 lámpadas, e 665 están acollidas ao segundo sistema de iluminación pública, conectadas -contador remunerado- aos contadores persoais. A potencia total de iluminación pública no concello é de 146.525  W.

    Saúdo do Alcalde

    Saludo del Alcalde

     

    Como Alcalde do Concello de Begonte quero darche a benvida a este portal web que desexamos ir construíndo día a día coa colaboración, non só dos habitantes deste municipio, senón tamén de todas as persoas que nos visitan cada día a través desta páxina, que acabamos de renovar e adaptar ás novas tecnoloxías.

    Non queremos deixar pasar a oportunidade que nos ofrece Internet de amosarnos ao mundo, de aproveitar as súas posibilidades como valioso instrumento de aproximación ao cidadán coa fin de cumplir un dobre obxectivo:

    - Amosar Begonte a quen desexe coñecernos mellor. Para todos aqueles que queirades visitarnos, sexa por motivos de lecer ou traballo, dicirvos que nos atopamos nunha terra privilexiada, tanto pola súa situación xeográfica como pola súa riqueza natural, cultural e gastronómica, onde se dan todas as condicións para que este sexa un lugar ideal para vivir, para medrar, para traballar.

    - Mellorar a eficacia dos servizos municipais proporcionando información sobre os recursos e servizos que se prestan desde o Concello e tamén recibir dos nosos veciños e veciñas aquelas ideas, propostas e suxestións que poidan axudarnos a mellorar os nosos programas de actuación.

    No nome do Concello de Begonte, agradezo a túa visita que agardo atopes proveitosa e amena.

    Un cordial saúdo

    José Ulla