Chegou o momento... 🥁🥁 Este ano no 𝐕 𝐌𝐄𝐑𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐃𝐄 𝐍𝐀𝐃𝐀𝐋... 💥🫣💣
✨ 𝐈 𝐆𝐀𝐋𝐀 𝐈𝐍𝐓𝐄𝐑𝐍𝐀𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐌𝐀𝐗𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 ✨
O 20 de decembro, ás 19:30 h, o 𝐕 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 converterase no epicentro da ilusión cun espectáculo único e gratuíto que reunirá talentos de todo o mundo. 🌏🪄✨
🎩 Artistas convidados:
𝐁𝐨𝐧𝐣𝐢𝐧 𝐊𝐨𝐨 (Corea do Sur) – Maxia visual e impactante que deixará ao público sen fala.
𝐋𝐨𝐫𝐞 𝐋𝐚𝐯𝐚𝐧𝐝 (Arxentina) – Elegancia, misterio e unha maxia chea de sensibilidade artística.
𝐌𝐚𝐠𝐨 𝐑𝐚𝐟𝐚 (Lugo) – Humor, ritmo e ilusión á galega para toda a familia.
𝐃𝐚𝐧𝐢 𝐏𝐨𝐥𝐨 (Melide) – Un dos talentos máis destacados da nova xeración, maxia fresca e sorprendente.
Unha tarde-noite irrepetible chea de fantasía, emoción e espírito de Nadal. Non faltes e... COMPARTE! 🎄💫