Ir o contido principal

🧘‍♀️🧠 𝐓𝐀𝐋𝐋𝐄𝐑 𝐆𝐑𝐀𝐓𝐔𝐈𝐓𝐎: MANEXO DO ESTRÉS E A ANSIEDADE

MANEXO DO ESTRÉS E A ANSIEDADE

🧘‍♀️🧠 𝐓𝐀𝐋𝐋𝐄𝐑 𝐆𝐑𝐀𝐓𝐔𝐈𝐓𝐎: MANEXO DO ESTRÉS E A ANSIEDADE

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 en colaboración coa Escola Galega de Saúde organizan o próximo 𝟏𝟑 de xuño este taller 📚 gratuíto dirixido a pacientes, familiares, coidadores/as de persoas dependentes e cidadanía en xeral.

🔸𝐎𝐁𝐗𝐄𝐓𝐈𝐕𝐎𝐒:
🔘 Aprender a xestionar as emocións.
🔘 Conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade.
🔘 Lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital: xubilación, enfermidade, dó, etc.

🔹𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀:
🔘 Que é o estrés e a ansiedade? Síntomas e efectos do estrés e da ansiedade.
🔘 Fontes de estrés, factores claves, coñecer os teus.
🔘  Coñecer, entender e manexar o estrés e a ansiedade na túa vida.
🔘 Estratexias para manexar, reducir e relaxar o estrés.

👨‍🏫 O curso será impartido por persoal docente da Escola Galega de Saúde.

INSCRICIÓNS ATA O 8 DE XUÑO! PRAZAS LIMITADAS.