Ir o contido principal

O CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño contará cunha 𝐏𝐈𝐒𝐓𝐀 𝐌𝐔𝐋𝐓𝐈𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐄 ⚽️🏀🏐🎾 para o vindeiro curso 22/23‼️

pista multideporte

O CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño contará cunha 𝐏𝐈𝐒𝐓𝐀 𝐌𝐔𝐋𝐓𝐈𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐄 ⚽️🏀🏐🎾 para o vindeiro curso 22/23‼️

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 acaba de recibir a resolución da convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para a construcción 🏗 dunha pista multideporte a carón das renovadas instalacións do CEIP Virxe do Corpiño.

Dita actuación ascende a 92.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia aportará unha achega de 77.000 euros e o Concello aportará 15.000 euros de fondos propios.

A pista terá unhas dimensións de 30 x 15m., peche perimetral e iluminación led 💡 e permitirá o desenvolvemento de multiples disciplinas deportivas ó exterior: fútbol sala ⚽️, baloncesto 🏀, vóley 🏐, tenis 🎾, etc. e cunhas condicións de seguridade óptimas. ✅

Esta actuación enmarcase dentro da liña de impulso da educación en Begonte, dotando de infraestructuras de primeiro nivel a un renovado centro educativo que nada terá que envexar ós centros educativos das grandes cidades e así poder desenvolver actividades ó aire libre, máis cando a Covid 🦠 segue convivindo entre nós.